Os textos instrutivos son como as paradas dunha viaxe: cada paso guíanos cara o voso destino. Ao igual que seguides indicacións para chegar a un lugar, empregades instrucións para realizar diferentes accións na nosa vida diaria. Xa sexa unha receita ou unha guía de viaxe, estes tipos de textos mostran o camiño a seguir.
Audio
O texto instrutivo
Textos instrutivos
Os textos instrutivos empréganse para explicar como realizar unha acción ou un proceso. Proporcionan indicacións claras e ordenadas para poder conseguir un obxectivo.
Características
Un texto instrutivo debe ter as seguintes características:
Claridade: usar unha linguaxe simple e directa.
Orde lóxica: as instrucións deben seguir uns pasos numerados ou unha lista.
Emprego de verbos en imperativo: como pode ser "corta o papel", "acende o ordenador"...
Imaxes ou gráficos: poden incluír imaxes ou gráficos para facilitar a comprensión e poder lograr o obxectivo proposto.
Estrutura dos textos instrutivos
Os textos instrutivos teñen a seguinte estrutura:
Título.
Lista de materiais.
Pasos numerados ou en lista.
Consellos ou advertencias (no caso de ser necesario).
Tipos de textos instrutivos
Son textos instrutivos as receitas de cociña, os manuais de uso, as regras dos xogos e os experimentos científicos.
Audio
Ordena o seguinte texto instrutivo
Ordena os seguintes elementos para obter o texto instrutivo para plantar unha semente.
Como plantar unha semente.
Materiais:
Maceta, terra, auga e sementes.
Instrucións:
Preparar o testo.
Colocar as sementes.
Cubrir as sementes.
Regar.
Colocar nun lugar solleiro.
Coidar a planta.
Comprobar
Correcto!
202531918452-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
A ruta do debuxo: instrucións claras
Para realizar a seguinte actividade tes que seguir as instrucións escritas para debuxar o que se pide. É necesario papel e lapis.
- Debuxa un círculo no centro da folla.
- Fai un cadrado debaixo do círculo.
- Debuxa dous triángulos encima do círculo.
- Engade dous círculos pequenos dentro do círculo grande.
Agora é momento de comparar o teu debuxo co resto da clase. É igual? Que puido faltar para que fosen iguais?
Como podes observar é moi importante a precisión das instrucións.
Audio
Completa
Completa o seguinte texto sobre os pasos a seguir para facer unha limoada.
Lecturas con instrucións
Agora que xa visitaches a biblioteca e escolliches xunto co teu grupo o conto que ides traballar, é o momento de preparar unha pequena guía para recomendar ese libro a outros nenos e nenas.
Tes que facer co teu grupo un texto instrutivo, é dicir, un texto que explica como facer algo. Neste caso, vades explicar como disfrutar da lectura do conto que escollístedes.
Primeiro, se é necesario, volve ler o conto, lembrando o que máis che gustou. A continuación, vas escribir a guía sinxela e clara co teu equipo.
A guía debe incluír:
O título do conto e o nome da persoa autora.
Para quen recomendades o conto (por exemplo: ás persoas que lle gusten as aventuras, a nenos e nenas a partir de 8 anos...)
Tres pasos para disfrutar da lectura.
Unha frase final na que contedes que vos pareceu o libro.
Revisade que o voso texto cumpla coas características e a estrutura dos textos instrutivos.
É moi importante que participes xunto cos teus compañeiros e compañeiras, compartas as túas ideas, respetes as ideas dos demais e revises ben o texto antes de dalo por rematado.
Podes descargar a ficha de lecturas con instrucións en versión ODT e en versión PDF premendo na imaxe:
Lectura facilitada
Vas crear un texto instrutivo co teu grupo.
É para explicar como disfrutar da lectura do conto.