Saltar navegación

2.4. Ide informatizados

Pequena reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaEn moitas ocasións escoitamos que os móbiles, os ordenadores ou as pantallas “nos fan máis preguiceiros”, que “pensamos menos”, ou que “cada vez facemos menos cousas por nós mesmos”. Pero... tamén sabemos que a informática forma parte do noso día a día, que está en case todo o que usamos e que controlar ben estas ferramentas poden axudarnos moito no futuro.

Antes de comezar coas tarefas básicas que imos repasar, pensa un pouco sobre como ves ti a tecnoloxía e como cres que pode ser útil para ti.

Escribe no teu diario de aprendizaxe algunhas respostas ás seguintes preguntas:

  • Que pensas cando escoitas a palabra "informática"? Gústache? Intimídate?
  • Usas o ordenador ou outro dispositivo na casa? Para que?
  • Cres que saber usar ben un ordenador pode facerche a vida máis fácil? En que aspectos?
  • Como cres que sería a túa vida diaria sen acceso á tecnoloxía? Que cousas cambiarían?

Lectura facilitada

Diario de aprendizaxe

Moitas veces escoitamos cousas negativas sobre as novas tecnoloxías.

Pero… a tecnoloxía tamén é moi importante.

Está en case todo o que usamos cada día.

Se sabemos usala ben, pode axudarnos moito no futuro.


Pensa un momento.

Antes de comezar coas actividades, pensa en como ves ti a tecnoloxía.

Escribe no teu diario de aprendizaxe algunhas respostas ás seguintes preguntas:

  • Que pensas cando escoitas a palabra "informática"?
  • Gústache?
  • Intimídate?
  • Usas o ordenador ou outro dispositivo na casa?
  • Para que?
  • Cres que saber usar ben un ordenador pode facerche a vida máis fácil?
  • En que aspectos?
  • Como cres que sería a túa vida diaria sen acceso á tecnoloxía?
  • Que cousas cambiarían?

Identifica os números

A que número corresponde?

Partes do ordenador

          . Monitor

          . Teclado

          . Rato

          . CPU

Activar JavaScript

Cal é a correcta?

Pregunta

Cal é a forma correcta de apagar un ordenador?

Respostas

Apagar o monitor e desconectar o cable de alimentación.

Facer clic en "Inicio" e logo en "Apagar" ou "Reiniciar".

Manter premido o botón de acendido ata que o ordenador se apague.

Desenchufar directamente.

Retroalimentación

Pregunta

Como podes crear un novo cartafol no teu escritorio?

Respostas

Facendo clic no botón dereito do rato e seleccionando "Novo > Documento".

Facendo clic no botón dereito do rato e seleccionando "Novo > Cartafol"

Arrastrando un arquivo ata o escritorio.

Facendo dobre clic no escritorio.

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a forma correcta de mover un arquivo dentro dun cartafol?

Respostas

Facer clic no botón dereito do rato sobre o arquivo e seleccionar "Eliminar".

Facer clic e manter premido o arquivo, logo arrastralo ao cartafol desexado.

Facer dobre clic sobre o cartafol e copiar o arquivo.

Abrir o arquivo e logo copialo no mesmo cartafol.

Retroalimentación

Pregunta

Que debes facer para gardar un documento que acabas de crear?

Respostas

Facer clic en "Arquivo" y logo en "Imprimir".

Facer clic en "Arquivo" e logo en "Gardar".

Facer clic en "Cerrar" sen gardar.

Facer clic no botón de "Inicio" e seleccionar "Gardar".

Retroalimentación

Pregunta

Como podes cambiar o nome dun arquivo gardado?

Respostas

Facendo clic no arquivo e seleccionando "Abrir".

Facendo clic no botón dereito do rato sobre o arquivo e seleccionando "Cambiar nome".

Abrindo o arquivo e cambiando o seu nome dentro da aplicación.

Seleccionando o arquivo e premendo "Ctrl + C".

Retroalimentación

Pregunta

Como podes abrir o explorador de arquivos en Windows?

Respostas

Facendo clic na icona do "Panel de Control".

Facendo clic na icona do cartafol na barra de tarefas.

Abrindo unha aplicación de procesamento de texto.

Facendo clic no botón de "Inicio" e seleccionando "Explorador".

Retroalimentación

Pregunta

Que debes facer antes de apagar un ordenador correctamente?

Respostas

Apagar o monitor.

Cerrar todas as aplicacións abertas.

Desconectar todos os cables.

Facer clic no botón de "Inicio" e apagar o ordenador sen pechar programas.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)