Debuxo rápido e sinxelo que serve para planificar unha idea antes de realizar o traballo final. Nel realízanse as formas e ideas principais antes de realizar os detalles.
Exemplo:
Antes de empezar a facer o cadro fixen un bosquexo.
Inspiración
Definición:
É unha idea ou pensamento que axuda a crear algo novo.
Exemplo:
Escribín o conto nun momento de moita inspiración.
Exploramos o conto
Agora é o momento de volver ler ese conto tan especial que elixiches. Esta vez debes lelo buscando os detalles que desexas gardar para sempre. Durante a lectura é moi importante fixarse nos personaxes que máis che gusten, na escena que sexa máis divertida ou emocionante, no sentimento que che transmite cando o rematas de ler e nas cores, olores ou sons que imaxinas.
Unha vez que remates o conto deberás completar unha folla de exploración lectora. Esa ficha será como un diario de viaxe e servirache de axuda para crear o teu propio marcapáxinas.
Podes descargar a folla de exploración lectora en versión ODT e en versión PDF premendo na imaxe:
Lectura facilitada
Agora toca volver ler o conto que escolliches.
Le aos poucos, fixándote nos detalles importantes.
Pensa nos personaxes que máis che gustan.
Fíxate na parte máis divertida ou emocionante.
Sente que che transmite o final da historia.
Imaxina as cores, os olores e os sons que aparecen.
Cando remates de ler, cubrirás unha ficha.
Esa ficha será como un diario da túa viaxe polo conto.
Axudarache despois a facer o teu marcapáxinas.
Descarga a folla de exploración lectora en versión para editar e en versión PDF premendo na imaxe:
Audio
Compartimos o noso conto
Despois de volver ler o conto e de completar a folla de exploración lectora, chegou o momento de compartir parte desa información coas demais persoas.
Ides facer unha posta en común. As persoas voluntarias van contar o seu conto nunha sola frase.
Escoitar as historias dos demais axúdanos a descubrir novos contos e tamén a ver o noso conto con outros ollos.
Lectura facilitada
Despois de ler o conto e cubrir a ficha, é momento de compartir o que descubrimos.
Faremos unha posta en común.
As persoas voluntarias contarán o seu conto nunha frase.
Escoitar os demais axúdanos a coñecer novos contos.
Tamén nos axuda a ver o noso conto doutra maneira.
Audio
Paseo polo meu conto
É o momento de entrar dentro do conto. Ides imaxinar que camiñades polas paisaxes do conto, que escoitades os sons, que falades con algún personaxe...
Onde estás? Que ves? A quen atopas? Como te sentes?
Ao rematar de imaxinar debes cubrir a seguinte folla, que está dividida en catro partes. En cada unha das partes vas debuxar o seguinte:
Un lugar do conto.
Un personaxe co que che gustaría falar.
Un obxecto que aparece na historia e que che parece importante.
Un momento no que sentiras alegría, medo, sorpresa...
Podes descargar a ficha "Paseo polo meu conto" en versión para editar e en versión PDF premendo na imaxe:
Esta actividade, igual que as anteriores, serviuvos de inspiración para comezar a imaxinar como será o voso marcapáxinas especial, ese que vos lembrará sempre o conto que escollestes. Para rematar, pensa: "Se tiveses que gardar un só recordo deste conto, cal sería?" "Como poderías representalo no teu marcapáxinas?".
Lectura facilitada
Imos entrar no conto coa imaxinación.
Pensa que camiñas polos lugares da historia.
Onde estás? Que ves? A quen atopas? Como te sentes?
Agora toca facer unha ficha con debuxos dividida en catro partes:
Un lugar do conto.
Un personaxe co que falarías.
Un obxecto importante da historia.
Un momento no que sentiras alegría, medo ou sorpresa.
Podes descargar a ficha "Paseo polo meu conto" en versión para editar e en versión PDF premendo na imaxe:
Esta actividade axudounos a pensar no noso marcapáxinas especial, que lembrará o conto que escollemos.
Se só puideses gardar un recordo deste conto, cal sería?
Como poderías debuxalo ou representalo no teu marcapáxinas?
Audio
Así imaxino o meu marcapáxinas
Xa fixeches un paseo moi especial polo teu conto e gardaches ideas, emocións e momentos que che gustaron moito. Agora chegou o momento de poñer en marcha a túa imaxinación e comezar a transformar todo iso nun marcapáxinas único.
É o momento de realizar un primeiro bosquexo libre: un debuxo inicial. Unha forma de comezar a darlle forma ás túas ideas. Pensa que cores queres usar, que elementos do conto desexas incluír, se terá palabras, símbolos ou personaxes...
Colle o teu lapis e deixa voar a túa imaxinación.
Fai o primeiro bosquexo libre do que podería ser o teu marcapáxinas.
Lectura facilitada
Xa fixeches un paseo polo teu conto.
Gardaches ideas, emocións e momentos que che gustaron.
Agora chegou o momento de usar a túa imaxinación.
Comeza a transformar todo iso nun marcapáxinas único.
Fai un primeiro bosquexo libre.
Este será o teu debuxo inicial, para darlle forma ás ideas.