Facultade de formar na mente situacións que poden ser realistas ou non.
Exemplo:
Aquela nena escribiu un conto moi bo porque ten moita imaxinación.
Proposta de reto
Unha viaxe incrible, na que coñecemos mundos máxicos, onde podemos ser heroes, aventureiros, ou descubrir segredos agochados. Nesta viaxe hai novas ideas, emocións e aprendizaxes. Nela poderás soñar, imaxinar e pensar. E, todo isto... como pode suceder?
Pois aquí tes unha resposta: a lectura. A lectura é unha habilidade fundamental que non só abre portas ao coñecemento, senón que tamén nos permite explorar novos mundos, comprender realidades diferentes e desenvolver a nosa imaxinación.
Cal é ese conto que te inspira? Que che fai rir, soñar e gozar da lectura? Ese conto que cada vez que o ves o queres ler?
Lectura facilitada
O novo reto será unha viaxe incrible: con mundos máxicos, heroes, aventureiros ou segredos agochados.
Nesta viaxe hai novas ideas, emocións e aprendizaxes. Pero... como pode pasar?
A través da lectura!
A lectura é unha habilidade que nos abre portas ao coñecemento, pero tamén a desenvolver a imaxinación.
Cal é o teu conto favorito? Que conto queres ler sempre?
Audio
Necesitas axuda?
Escoller un conto supón numerosas cuestións que debemos ter en conta.
Aquí tes algunhas ideas:
.
Que conto che gustaba que che leran? Cal é ese conto que non te cansas de ler? Pensa en varios contos que che gustaran ou busca algún novo que che chame a atención.
.
Que é o que che gusta do conto? Que personaxes ten? Que é o que pasa que tanto che gusta? Como avanza a historia?
.
Que ensinanza ten o conto? Que che fai imaxinar? Que aprendiches con el?
.
Divulga o conto para que todos e todas a poidan gozar da súa lectura.
Lectura facilitada
Escoller un conto supón moitas cuestións:
.
Cal é o meu conto favorito?
Pensa en varios contos que che gusten ou busca algún novo que che chame a atención.
.
Que é o que me gusta do conto?
Que personaxes ten?
.
Que me ensinou o conto?
Que me fai imaxinar?
.
Comparte o conto para que todos e todas a poidan gozar da súa lectura.
Audio
Que imos aprender?
1. Comprender, interpretar e analizar un conto.
2. Redactar textos instrutivos, cunha acentuación correcta.