Parada da acentuación
Na vosa viaxe incrible, tedes que facer unha para moi especial: a parada da acentuación. Aquí aprenderedes que, igual que os viaxeiros e viaxeiras levan unha maleta con cousas importantes, as palabras tamén levan algo especial cando o precisan: o acento gráfico. Hai palabras que o levan sempre, outras que nunca, e algunhas só levan cando cambian de sentido. Nesta parada descubriredes palabras especiais que non seguen as regras de acentuación, para que nunca se perda o acento gráfico polo camiño. É o momento de continuar coa aventura!
Lectura facilitada
Eu aprendo a acentuar as palabras.
As palabras teñen algo especial: o acento gráfico.
É como unha maleta que levan.
Algunhas palabras sempre o levan. Outras nunca o levan. Algunhas só o levan se cambian de significado.
Hai palabras especiais sen as regras normais.
Así o acento nunca se perde.