Sistema de palabras e regras que usa unha comunidade para comunicarse.
Exemplo:
O galego é o idioma que usamos na clase para falar e escribir.
Tradución
Definición:
Cambio dun texto ou mensaxe dun idioma a outro, mantendo o seu significado.
Exemplo:
Este non é o libro orixinal, é unha tradución.
A viaxe tamén é lingüística
Cando emprendedes unha viaxe, son moitas as cousas que debedes levar nas maletas. Unha moi importante son ferramentas para comunicarvos. Un dicionario, unha guía de frases básicas ou simplemente coñecer algunhas palabras na lingua do lugar poden ser tan importantes como levar o billete de transporte.
Ides facer unha pequena proba para saber se estades preparadas!
Xa estades de camiño ao voso lugar de destino pero, para chegardes ides ter que parar en moitos lugares. Pero... que pasaría se chegades a un país e non entendedes a súa lingua? Ou se atopades un libro marabilloso pero está escrito nun idioma diferente?
Nesta parte da vosa aventura descubriredes a diversidade lingüística do mundo, como as linguas viaxan e se transforman e a importancia de valorar todas as maneiras de comunicarvos.
Lectura facilitada
Cando comezamos unha viaxe, hai moitas cousas que debemos levar nas maletas.
Unha delas é moi importante: ferramentas para comunicarnos.
Un dicionario, unha guía de frases básicas ou saber algunhas palabras na lingua do lugar poden ser tan necesarios como o billete de transporte.
Preparados para a proba?
Xa estamos de camiño ao noso destino e temos que facer paradas en moitos lugares.
Pero… que pasaría se chegamos a un país e non entendemos o idioma?
Ou se atopamos un libro fantástico pero está escrito nun idioma diferente?
Nesta parte da nosa viaxe, descubriremos as diferentes linguas que existen no mundo.
Veremos como as linguas viaxan, cambian e se transforman.
Tamén veremos por que é importante valorar todas as maneiras de comunicarnos.
Audio
Que se fala en España?
Nunha viaxe por España, que idiomas falarías?
Idiomas doutros países
A pesar de que estas son linguas oficiais nestes países, neles conviven outras que non o son.
Investiga en Internet onde están os seguintes lugares e as súas linguas oficiais.
Múnic está en @@Alemaña@@ e a súa lingua oficial é @@alemán@@. Montpellier está en @@Francia@@ e a súa lingua oficial é @@francés@@. Reykjavik está en @@Islandia@@ e a súa lingua oficial é @@islandés@@. Budapest está en @@Hungría@@ e a súa lingua oficial é @@húngaro@@. Valletta está en @@Malta@@ e as súas linguas oficiais son inglés e @@maltés@@.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Chegar a outros idiomas
Cando viaxades a lugares con linguas diferentes ás vosas, pode ser difícil entender e comunicarvos. Aquí é onde a tradución xoga un papel esencial, xa que vos axuda a comprender libros, películas e informacións doutras culturas. Grazas a ela, podedes coñecer novas formas de pensar e de ver o mundo.
Pero traducir non significa só cambiar palabras dunha lingua a outra. Un bo tradutor debe prestar atención ao significado global do texto, aos xiros lingüísticos propios de cada idioma e aos aspectos culturais que poden influír na interpretación dunha mensaxe.
Existen libros moi coñecidos, como O Principiño ou Harry Potter, que foron traducidos a máis de 80 idiomas. Isto permitiu que persoas de moi diferentes lugares puidesen gozar da mesma historia, aínda que falasen linguas distintas.
A tradución é, en definitiva, unha ponte entre culturas. Grazas a ela, os coñecementos, as emocións e as narracións poden cruzar fronteiras e chegar a todos os recunchos do planeta.
Lectura facilitada
Cando viaxamos a países con linguas diferentes, ás veces é difícil entender ou falar.
Aquí é onde entra a tradución. Axúdanos a comprender libros, películas e información doutras culturas.
Grazas á tradución, podemos coñecer novas formas de pensar e ver o mundo.
Un bo tradutor non só cambia palabras dunha lingua a outra.
Debe entender o que quere dicir o texto completo.
Tamén ten que coñecer expresións propias de cada idioma e saber cousas da cultura para que a mensaxe teña sentido.
Hai libros moi famosos, como O Principiño ou Harry Potter, que foron traducidos a máis de 80 linguas.
Así, persoas de moitos países poden ler a mesma historia, aínda que falen idiomas diferentes.
Grazas á tradución, as historias, os sentimentos e os coñecementos poden viaxar por todo o mundo.
É como unha ponte que conecta a todas as persoas, sen importar a lingua que falen.
Audio
Literatura universal
Aquí tedes catro das principais obras da literatura universal que máis veces foron traducidas a outros idiomas. Realiza buscas en Internet sobre elas e clasifica a información na columna adecuada.