Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe

O obxectivo nesta derradeira fase do reto é dedicar un tempo a reflexionar e comentar en grupo todo o que traballastes e aprendestes, pensando nos obstáculos que tivestes que sortear. 

É importante que fagades unha valoración persoal e de equipo sobre todo o proceso de investigación previa, ideación, creación e exposición do cómic baseado na tradición oral galega.

Recordade que cando usades o diario estades a desenvolver a vosa propia autonomía ao tempo que reflexionades sobre a forma na que aprendedes.

Lectura facilitada

O obxectivo nesta derradeira fase do reto é dedicar un tempo a reflexionar.

É importante que fagades unha valoración persoal e de equipo sobre todo o proceso:

  • Investigación previa.
  • Ideación.
  • Creación.
  • Exposición do cómic baseado na tradición oral galega.

Recordade que cando usades o diario estades a reflexionar sobre a forma na que aprendedes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)