O voso diario

Chegou o momento de completar os apartados da Fase 3 no voso diario de aprendizaxe.
Nesta fase, estivestes a traballar coa linguaxe audiovisual: aprendestes cales son os principais medios audiovisuais, os diferentes tipos de planos e as regras básicas de composición que axudan a organizar ben as imaxes, para logo practicar todo iso coa fotografía.
Centrástesvos especialmente no mundo do cómic: traballastes o aprendido sobre os seus elementos propios e tamén a creación de personaxes, pensando na súa fisionomía, expresións, movementos e vestimenta para que transmitan as emocións e accións da historia.
Agora é o momento de recoller no diario as vosas reflexións sobre todo o asimilado e practicado. Se non tedes o diario á man, podedes acceder ao documento desde esta ligazón.
Lectura facilitada
Chegou o momento de completar os apartados da Fase 3 no voso diario de aprendizaxe.
Nesta fase, estivestes a traballar coa linguaxe audiovisual:
- Aprendestes cales son os principais medios audiovisuais.
- Os diferentes tipos de planos.
- As regras básicas de composición que axudan a organizar ben as imaxes.
Para logo practicar todo iso coa fotografía.
Centrástesvos especialmente no mundo do cómic.
Traballastes o aprendido sobre os seus elementos propios.
Tamén a creación de personaxes, pensando:
- Na súa fisionomía.
- Nas súas expresións.
- Nos seus movementos.
- Na súa vestimenta.
Con iso transmiten emocións e accións da historia.
Agora é o momento de recoller no diario as vosas reflexións sobre todo o asimilado e practicado.
Se non tedes o diario á man, podedes acceder ao documento desde esta ligazón.