Glosario
Voz en off
-
Definición:
-
É a voz dunha persoa externa que non está dentro da escena. Un texto narrativo ou informativo que acompaña ás viñetas e axuda a comprender a historia, a mergullarse no ambiente e a entender os sentimentos dos personaxes.
-
Exemplo:
-
Na carteleira da viñeta a voz en off indica: "Pasou o tempo... e de súpeto!... nunha noite de verán....".
Ilustración
Definición:
-
É un debuxo, pintura ou gravado que pode contar unha historia por si mesma e complementar ou realzar un texto.
-
Exemplo:
-
Nesta ilustración, o artista Leonardo da Vinci investiga, no Século XV, sobre as proporcións ideais do corpo humano.
Símbolo gráfico
Definición:
-
Son liñas, debuxos ou imaxes que representan un concepto ou unha idea.
-
Exemplo:
-
Na imaxe podedes observar o símbolo S.O.S., que representa a petición de socorro e de emerxencia.
Surrealismo
Definición:
-
É un movemento artístico e literario que explora o mundo da fantasía e dos soños.
-
Exemplo:
-
Aquí vedes a figura do artista surrealista español Salvador Dalí onde tamén aparece un debuxo dos reloxos derretidos da obra "A persistencia da memoria". Esta obra simboliza a relatividade do tempo, un xogo entre a realidade e o mundo dos soños.









