O voso diario

Non podedes rematar esta última situación de aprendizaxe sen facer a vosa reflexión final. É o momento de cubrir a Fase 5 do voso diario.
Nesta fase, recollestes as opinións dos vosos compañeiros e compañeiras sobre o cómic realizado e tamén fixestes unha autoavaliación. É tempo de deixar no diario esa valoración final.
Se botades a vista atrás, podedes comprobar como fostes capaces de superar o reto empregando novos coñecementos e habilidades. Reflexionade sobre como comezastes esta experiencia, todo o que avanzastes e o resultado acadado.
Esta reflexión será de grande axuda para afrontar con máis seguridade futuras situacións de aprendizaxe, tanto no instituto como na vosa vida particular.
Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento dende esta ligazón
Lectura facilitada
É o momento de cubrir a Fase 5 do voso diario.
Recollestes as opinións dos vosos compañeiros e compañeiras sobre o cómic realizado.
Tamén fixestes unha autoavaliación.
Comprobade como fostes capaces de superar o reto.
Reflexionade sobre como comezastes esta experiencia.
Esta reflexión será de gran axuda para afrontar con máis seguridade futuras situacións de aprendizaxe.
Podedes ver o documento dende esta ligazón