Saltar navegación

2.1. Grupos e chuvia de ideas

 

Glosario

Chuvia de ideas

Icona de chuvia de ideas

Definición:

Técnica de traballo na que un grupo de persoas ofrece moitas ideas diferentes sobre un tema, sen medo a equivocarse, para finalmente elexir unha ou varias.

Exemplo:

O alumnado de 1º de ESO ten que gravar una curtametraxe sobre a vida dos e das adolescentes, para o cal, primeiro fará unha chuvia de ideas sobre os temas que podería tratar.

Desafío

Pictograma de enfrontar

Definición:

Proba ou reto ao que hai que enfrontarse co obxectivo de superalo, sendo valorado como unha situación ou experiencia difícil e/ou nova.

Exemplo:

O alumnado de 1º de ESO enfrontarase a varios desafíos nos que deberá desenvolver a súa creatividade.

Grupo

Pictograma de grupo

Definición:

Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.

Exemplo:

Un grupo de persoas colaborando realizarán un traballo máis completo.

Elaboración grupos

Grupo de traballo con pezas dun puzzle para representar un grupo heteroxéneoO voso mestre ou mestra entregaravos a cada un de vós unha parte dunha información relacionada co cómic. Pode ser unha páxina incompleta dun cómic na que poderedes escoller unha ou varias opcións: colorear algunha das viñetas, debuxar unha nova viñeta, repasar e rematar bosquexos de viñeta ou completar textos baleiros, imaxinando o que se di neles.

Tras facer a vosa parte, deberedes completar o resto atopando as outras tres persoas que teñen as partes que faltan. Unha vez reunidas todas as partes, avisade ao voso mestre ou mestra. Estes serán os membros do voso equipo.

Traballaredes xuntos para que todos e todas poidades achegar as vosas fortalezas. Por exemplo:

  • Quen se sinta máis cómodo coa parte visual pode encargarse dos debuxos e deseños.
  • Quen teña boa man para o coloreado pode traballar no aspecto gráfico ou nos fondos.
  • Quen sexa detallista pode encargarse de perfeccionar as liñas e os detalles finais.
  • Quen teña boa capacidade para escribir ou contar historias pode traballar no guión ou na narración.

Así, cada un terá un papel fundamental no traballo en equipo.

Lectura facilitada

Entregaranvos unha parte dunha información relacionada co cómic.

Pode ser unha páxina incompleta dun cómic na que poderedes escoller unha ou varias opcións:

  • Colorear algunha das viñetas.
  • Debuxar unha nova viñeta.
  • Repasar e rematar bosquexos de viñeta.
  • Completar textos baleiros imaxinando o que se di neles.

Deberedes completar o resto atopando as outras tres persoas que teñen as partes que faltan.

Reunidas todas as partes, avisade ao mestre ou mestra.

Estes serán os membros do voso equipo.

Traballaredes xuntos para que todos e todas poidades achegar as vosas fortalezas.

Por exemplo:

  • Quen se sinta máis cómodo coa parte visual pode encargarse dos debuxos e deseños.
  • Quen teña boa man para o coloreado pode traballar no aspecto gráfico ou nos fondos.
  • Quen sexa detallista pode encargarse de perfeccionar as liñas e os detalles finais.
  • Quen teña boa capacidade para escribir ou contar historias pode traballar no guión ou na narración.

Así, cada un terá un papel fundamental no traballo en equipo.

Actividade chuvia de ideas

Unha vez elaborados os grupos, teredes que resolver tres desafíos creativos que se vos presentan a continuación. Debedes traballar en grupo e solucionar cada un deles. Unha vez rematados expoñerédelos e reflexionaredes sobre isto.

Desafío 1

Bosquexos do conto de Carapuchiña BermellaRepresentade unha escena dunha historia ou lenda coñecida en catro bosquexos rápidos.

Non podedes empregar texto, só expresións, xestos e composición.

A escena debe ser clara para que calquera poida entendela sen explicación.

Desafío 2

Home con bigote representado en catro estilos diferentesCada membro do grupo debuxa un mesmo personaxe de cómic con estilos distintos.

Poden ser realista, caricatura, manga, minimalista ou outro que elixades.

Comparade os resultados e escollede o estilo máis adecuado para o proxecto.

Desafío 3

Situación descrita por catro viñetas

Debuxade catro viñetas que conteñan unha pequena acción.

Experimentade con diferentes tipos de plano e disposición das viñetas.

A escena debe transmitir movemento e dinamismo con poucos trazos.

Reflexión

Alumnado expoñendo os seus debuxosPoñede en común co resto da clase os bosquexos e ideas que xurdiron nos desafíos.

Que solucións atopastes para comunicar sen palabras? Como inflúe o estilo no resultado final?

Credes que a linguaxe visual do cómic é unha ferramenta efectiva para contar historias e transmitirlle emocións ao lector?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)