Paso a paso
Como acabades de ver, seredes quen de usar a vosa creatividade e saber facer para conservar parte do noso patrimonio cultural. O plan de rescate consiste en poñer en práctica todo o que aprenderedes sobre a linguaxe audiovisual, en especial sobre os fundamentos do cómic, para representar e facer chegar a máis público as historias dos contos e lendas que ides investigar.
Como levaredes o voso plan de rescate a cabo?
Lectura facilitada
Como acabades de ver, seredes quen de usar a vosa creatividade e saber facer para conservar parte do noso patrimonio cultural.
O plan de rescate consiste en poñer en práctica todo o que aprenderedes sobre a linguaxe audiovisual e o cómic.
Con iso, faredes chegar a máis persoas as historias dos contos e lendas que ides investigar.
Como levaredes o voso plan de rescate a cabo?
Audio
| Paso 1 |
Crearanse os grupos e preguntarédesvos: que sabedes sobre a tradición oral en Galicia? Como se transmiten as historias de xeración en xeración? Canto están arraigadas na cultura popular de hoxe en día? Se hai perigo de extinción para as mesmas e por que? Que podedes facer vós para que esta tradición oral non se perda? Farédelo mediante unha chuvia de ideas na que participaredes todos e todas. |
| Paso 2 |
Comprobaredes canto sabedes xa sobre linguaxe audiovisual, completando unha serie de probas en liña. |
| Paso 3 |
Aprenderedes que é a linguaxe audiovisual, para que serve, os seus medios e características principais. Mergullarédesvos no cómic máis en profundidade. Despois, afianzaredes o aprendido mediante actividades en grupo e individuais. |
| Paso 4 |
Nesta etapa como grandes coñecedores da linguaxe audiovisual seredes quen de realizar expresivas fotografías que mostren historias con claridade. |
| Paso 5 |
Por fin chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido nesta situación de aprendizaxe: crearedes en grupo un cómic que ilustre contos e lendas da nosa tradición oral. Mediante creativos deseños recuperaredes as historias do pasado para que non se perdan co tempo. |
| Paso 6 |
Chega o momento de compartir as historias que rescatastes: dixitalizaredes e maquetaredes en grupo os vosos cómics para crear un libro recompilatorio dixital. Esta publicación aloxarase cando menos na web do voso centro. Poderedes considerar compartila noutras plataformas para achegar á maior cantidade de lectores e lectoras os contos e lendas que seleccionastes. Conseguiredes así que esa parte da tradición oral galega non se perda co paso do tempo? |
Lectura facilitada
| Paso 1 |
Crearanse os grupos e preguntarédesvos sobre a tradición oral en Galicia:
Farédelo mediante unha chuvia de ideas na que participaredes todos e todas. |
| Paso 2 |
Comprobaredes canto sabedes xa sobre linguaxe audiovisual, completando unha serie de probas en liña. |
| Paso 3 |
Aprenderedes que é a linguaxe audiovisual, para que serve, os seus medios e características principais. Mergullarédesvos no cómic máis en profundidade. E logo, afianzaredes o aprendido mediante actividades en grupo e individuais. |
| Paso 4 |
Nesta etapa como grandes coñecedores da linguaxe audiovisual seredes quen de realizar expresivas fotografías que mostren historias con claridade. |
| Paso 5 |
Por fin chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido nesta situación de aprendizaxe: Crearedes, en grupo, un cómic que ilustre contos e lendas da nosa tradición oral. Mediante creativos deseños recuperaredes as historias do pasado para que non se perdan co tempo. |
| Paso 6 |
Chega o momento de compartir as historias que rescatastes: Dixitalizaredes e maquetaredes en grupo os vosos cómics para crear un libro recompilatorio dixital. Esta publicación aloxarase cando menos na web do voso centro. Poderedes considerar compartila noutras plataformas para achegar os contos e lendas que seleccionastes á maior cantidade de lectores e lectoras. Conseguiredes así que esa parte da tradición oral galega non se perda co paso do tempo? |