Saltar navegación

1.3. Obxectivos

Obxectivos

A linguaxe visual na fotografía e no cómic

1. Comprender os elementos básicos da linguaxe visual e as súas funcións na creación de cómics e na fotografía.

A santa compaña

2. Descubrir a importancia da tradición oral galega, transmitindo contos e lendas populares a través da narración gráfica e visual.

Personaxes de cómic

3. Explorar a historia do cómic, coñecendo os seus diferentes tipos, estilos e evolución ao longo do tempo.

Extraterreste acabado de chegar á terra, saudando

4. Coñecer e utilizar os diferentes tipos de planos e encadres na fotografía e no cómic para xerar dinamismo e profundidade nas composicións, xunto cos elementos gráficos propios do cómic.

Alumnado traballando en equipo

5. Potenciar o traballo en equipo e a colaboración creativa na adaptación de contos e lendas galegas ao formato do cómic.

Lectura facilitada

  1. Comprender os elementos básicos da linguaxe visual e as súas funcións na creación de cómics e en fotografía.
  2. Desenvolver a capacidade de narrar historias a través da combinación de imaxes e texto, empregando os recursos propios do cómic.
  3. Explorar a historia do cómic, coñecendo os seus diferentes tipos, estilos e evolución ao longo do tempo.
  4. Coñecer e utilizar os diferentes tipos de planos e encadres na fotografía e no cómic para xerar dinamismo e profundidade nas composicións.
  5. Potenciar o traballo en equipo e a colaboración creativa na adaptación de contos e lendas galegas ao formato do cómic.

Que vas aprender?

Neste proxecto mergullarédesvos na linguaxe audiovisual para dar vida ás historias da nosa tradición oral. En equipo, convertiredes en cómic, contos e lendas de Galicia, explorando distintas formas de narración gráfica.

Aprenderedes os fundamentos do cómic e da fotografía, experimentando con planos, encadres, expresións e estilos. Descubriredes como a combinación de imaxe e texto pode transmitir emocións e capturar a esencia dunha historia.

Ao final, non só dominaredes técnicas de debuxo, composición e narración visual, senón que tamén reflexionaredes sobre a importancia de conservar e reinventar o noso patrimonio cultural a través da arte.

Lectura facilitada

Neste proxecto mergullarédesvos na linguaxe visual.

Daredes vida ás historias da nosa tradición oral.

En equipo, converteredes en cómic contos e lendas Galiza.

Exploraredes distintas formas de narración gráfica.

Aprenderedes os fundamentos do cómic e da fotografía, experimentando con:

  • Planos.
  • Encadres.
  • Expresións.
  • Estilos.

Descubriredes como a combinación de imaxe e texto pode transmitir emocións e capturar a esencia dunha historia.

Dominaredes técnicas de:

  • Debuxo.
  • Composición.
  • Narración visual.

Reflexionaredes sobre a importancia de conservar e reinventar o noso patrimonio cultural a través da arte.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)