Saltar navegación

2. Tedes moito conto


A avoa e o gato

Agora que xa sabedes que as historias e lendas galegas teñen moito que contarnos, que historias coñecedes na súa contorna? Que lendas forman parte da vosa vida diaria ou da tradición de onde vivides?

Lembrade que as lendas galegas non son só contos de meigas ou trasnos; tamén falan de valores, medos e desexos das persoas da nosa terra. Algúns relatos falan de xente valente, outros de mulleres loitadoras, e algúns mostran a forza da natureza ou os misterios dos nosos montes. A tradición oral ten moito que ver coas emocións e crenzas da xente do pasado.

Comenzaredes achegando as vosas ideas... e preguntándovos: Ideas sobre que? Pois sobre as historias que coñecedes ou que vos gustaría contar, e sobre como adaptalas ao formato do cómic. Como debedes presentar os personaxes? Que emocións quixestes transmitir?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)