| Na comprensión do proxecto | Entendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2) | Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5) | Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1) | Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5) |
|---|
| No traballo en equipo | Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2) | Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Aportei poucas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (1.5) | Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1) | Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5) |
|---|
| No traballo individual | Realicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesar de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5) |
|---|
| Na elaboración conxunta do cómic | Participei activamente e esforceime para acadar a tarefa con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Participei activamente e esforceime para acadar a tarefa con éxito. (1.5) | Participei na tarefa mais non me esforcei o necesario nalgunhas partes da mesma e saíron mal. Debería implicarme máis. (1) | A pesar de participar nalgunhas partes da tarefa, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as partes. Debería esforzarme moito máis. (0.5) |
|---|
| Na exposición e publicación do cómic | Traballei arreo co meu equipo para preparar a exposición conxunta do cómic (elaboración do guión e reparto da exposición oral). Participei activamente na exposición oral dunha maneira convincente e colaborei na maquetación e publicación do traballo na revista do centro. (2) | Colaborei para preparar a exposición e presentei oralmente unha pequena parte da presentación. Non me impliquei na difusión do cómic na revista do centro. (1.5) | A miña participación para preparar a exposición foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que traballar máis ca min e/ou non participei na exposición oral. (1) | Non participei na preparación da exposición, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. Debería esforzarme moito máis. (0.5) |
|---|