Saltar navegación

5.2. Repasando todo

Reflexionando

Chega o momento de facer balance de todo o traballo realizado.

Reunirédesvos en grupo para debater e comentar os seguintes puntos:

Balanza de aspectos positivos e negativos

  • Como valoraron as vosas compañeiras e compañeiros: a historia escollida, a recreación minuciosa dos personaxes ou a elaboración das viñetas tendo en conta o aprendido sobre a linguaxe audiovisual?
  • Cal foi o aspecto mellor valorado?
  • Cal recibiu as valoracións máis baixas?
  • Reflexionade sobre os motivos que explican esas valoracións, tanto as positivas como as negativas.
  • Recollede ideas e propostas de mellora para corrixir os puntos débiles e conseguir mellorar en futuros proxectos creativos.
  • Que tal foi a exposición e a publicación do libro dixital? As vosas creacións foron ben recibidas polos lectores e lectoras? Gustoulles a maneira de recuperar e contar esas historias da tradición oral?

Que aprendiches?

Infografía resumo do REA04

Feito con eXeLearning (Nova xanela)