Saltar navegación

5. Rescate lendario

Trofeo ao rescate lendario

O obxectivo nesta fase final do reto é parar un intre para reflexionar e compartir en grupo como foi a experiencia de crear o voso cómic, que dificultades atopastes e que fortalezas propias vos axudaron a superalas.

É importante que valoredes todo o proceso: dende as investigacións sobre a tradición oral e as primeiras ideas ata o resultado final, e como vos sentistes durante este proxecto.

Consideraredes que lograstes un “rescate lendario”?

Se así é, quen sabe se grazas a esta iniciativa outros e outras artistas deciden unirse a ela e rescatar tantos outros contos e lendas do noso pasado?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)