Saltar navegación

1. Contos e lendas populares, ao rescate!

Percorrendo a montaña

A tradición oral galega garda unha infinidade de contos e lendas que pasaron de xeración en xeración a través da palabra. Historias de meigas, trasnos, mouras ou tesouros agochados forman parte dun legado cultural que merece ser redescuberto e preservado.

Neste proxecto exploraredes estas narracións populares, investigando a súa orixe e o seu significado. A través da expresión artística e do traballo colaborativo, contribuiredes a manter vivas estas historias, reinterpretándoas e dándolles unha nova forma.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)