Saltar navegación

4. Rescatando contos

Dúas persoas coidando unha planta que está a medrarAgora, con todo o que aprendestes, seredes capaces de darlle nova vida a un conto ou lenda galega. Ides elaborar un cómic que rescate esa historia para transmitila a outras persoas da vosa contorna.

Cos vosos deseños poderedes preservar a tradición oral, conseguir que as nosas historias, cantigas, contos e lendas, perduren no tempo e que medren co paso das xeracións.

Deste xeito poderedes concienciar á sociedade da importancia de manter viva a nosa cultura para que non desapareza. 

Poñede en práctica todo o aprendido sobre a linguaxe audiovisual, a composición artística, e a creación dun cómic para transformarvos en grandes contadores de historias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)