Saltar navegación

5.1. Mostrades con arte

Exposición no instituto

Exposición con varios cadrosPara difundir o traballo realizado faredes unha exposición dos vosos cómics no instituto. Empregade un espazo visible para que toda a comunidade educativa poida coñecer e desfrutar do voso proxecto. 

Colocade ben os vosos cómics para que se poida apreciar toda a vosa creatividade e compromiso. 

Contade e explicade en grupo a historia de cada cómic, para convertirvos en rescatadores e gardiáns ou gardiás dos vosos contos e lendas.

Lectura facilitada

Para difundir o traballo realizado faredes unha exposición dos vosos cómics no instituto.

Empregade un espazo visible para que toda a comunidade educativa poida coñecer e desfrutar do voso proxecto. 

Colocade ben os vosos cómics.

Debe apreciarse toda a vosa creatividade e compromiso. 

Contade e explicade en grupo a historia de cada cómic.

Convertirédesvos en rescatadores e gardiáns ou gardiás dos vosos contos e lendas.

Publicación na revista escolar

Revista escolar para visibilizar as vosas creaciónsPara visibilizar as vosas creacións, maquetade os cómics para publicalos na revista do centro.

Organizádevos para promocionala e difundila na vosa contorna, e deste xeito conseguiredes que as vosas historias, ilustradas en forma de cómic, poidan ser contadas e transmitidas a outras persoas.

Con esta actividade, axudaredes a manter viva a tradición oral galega, mostrando as vosas ideas fóra do ámbito escolar.

Contribuiredes a sensibilizar á sociedade!

Lectura facilitada

Ides visibilizar as vosas creacións.

Maquetade os cómics para publicalos na revista do centro.

Organizádevos para promocionala e difundila na vosa contorna.

Deste xeito conseguiredes que as vosas historias en forma de cómic,

poidan ser contadas e transmitidas a outras persoas.

Axudaredes a manter viva a tradición oral galega fóra do ámbito escolar.

Contribuiredes a sensibilizar á sociedade!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)