Saltar navegación

3.1. Saber para contar

Gardiáns da nosa historia

Ilustración dun libro máxico sobre lendas populares

A tradición oral galega está chea de contos e lendas fascinantes que foron pasando de xeración en xeración. Agora, é a vosa quenda de darlles vida dun xeito diferente e actual: transformándoas nun cómic!

Antes de comezar a vosa creación, aprenderedes sobre a linguaxe audiovisual, explorando como se contan historias a través do cómic, da fotografía, do cine e da animación. Descubriredes como se constrúe unha viñeta, como se xera a sensación de movemento ou emocións nunha imaxe, e como se organizan os planos e os encadres para contar mellor unha historia.

A través de diferentes actividades, practicaredes estas técnicas e analizaredes exemplos que vos axuden a comprender mellor a linguaxe audiovisual.

Cando esteades preparados e preparadas, asumiredes o reto final: crear o voso propio cómic baseado nunha lenda ou conto popular galego. Será unha maneira creativa e persoal de manter viva a nosa cultura, utilizando as ferramentas do mundo da imaxe e da narrativa gráfica.

Estades preparados para ser os gardiáns e gardiás da nosa historia?

Lectura facilitada

A tradición oral galega está chea de contos e lendas fascinantes.

Foron pasando de xeración en xeración.

Agora, é a vosa quenda de darlles vida dun xeito diferente e actual: transformándoas nun cómic!

Antes de comezar a vosa creación, aprenderedes sobre a linguaxe audiovisual, explorando como se contan historias a través:

  • Do cómic.
  • Da fotografía.
  • Do cine,
  • Da animación.

Descubriredes:

  • Como se constrúe unha viñeta.
  • Como se xera a sensación de movemento ou emocións nunha imaxe.
  • Como se organizan os planos e os encadres para contar mellor unha historia.

Practicaredes estas técnicas e analizaredes exemplos que vos axuden a comprender mellor a linguaxe audiovisual.

Cando esteades preparados e preparadas, asumiredes o reto final:

  • Crear o voso propio cómic baseado nunha lenda ou conto popular galego.

Será unha maneira creativa e persoal de manter viva a nosa cultura, utilizando as ferramentas do mundo da imaxe e da narrativa gráfica.

Estades preparados e preparadas para ser os gardiáns da nosa historia?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)