Saltar navegación

3.2. Por que a linguaxe audiovisual?

 

Glosario

Bokeh

Efecto bokeh nunha fotografía

Definición:

É un efecto na fotografía onde o fondo sae desenfocado e os puntos de luz aparecen como círculos suaves e brillantes. Serve para destacar o que está en primeiro plano e crear un ambiente bonito na imaxe.

Exemplo:

Na foto o fondo desenfocado das luces fai que destaque a silueta das herbas e flores do primeiro plano.

Medio

O cine como medio audiovisual

Definición:

É a canle ou forma que usamos para comunicar unha mensaxe a través de imaxes e sons.

Exemplo:

Cine, televisión, fotografía ou cómic son medios audiovisuais.

Rol

Rol de directora de cine

Definición:

É o papel ou función que ten cada persoa dentro dunha actividade ou historia.

Exemplo:

Nunha película pode haber unha directora, actores, técnicas de cámara etc; e nunha historia, personaxes protagonistas ou secundarios.

Western

Escena típica de Western

Definición:

O western é un xénero de cine, cómic ou animación que conta historias do oeste dos Estados Unidos con vaqueiros, indios americanos, duelos e aventuras en terras salvaxes. Acostuman estar ambientadas na segunda metade do século XIX. Os protagonistas adoitan ser valentes e loitan pola xustiza ou pola súa supervivencia.

Exemplo:

Nesta ilustración podedes ver un vaqueiro montado a cabalo preparado para lanzar o lazo.

Diferentes medios, unha única linguaxe

A linguaxe audiovisual é a forma de contar historias e transmitir ideas a través de imaxes e sons. Grazas a ela, podedes expresar emocións, crear mundos imaxinarios e compartir información de maneira atractiva. Utilízase nos seguintes medios.

MEDIOS NA LINGUAXE AUDIOVISUAL

icona libroCómic: historia contada con debuxos e textos en viñetas. Usa planos e cores para dar dinamismo.

icona fotografíaFotografía: imaxes fixas que capturan momentos, transmiten mensaxes ou crean arte.

icona cineCine e vídeo: imaxes en movemento combinadas con sons e diálogos para contar historias.

icona animaciónAnimación: debuxos ou figuras que se moven fotograma a fotograma para crear a ilusión de movemento.

icona televisiónTelevisión: información e entretemento en imaxes e sons para grandes audiencias.

icona videoxogosMultimedia e videoxogos: combina sons, imaxes, textos e interacción para crear experiencias únicas.

Por que é importante a linguaxe audiovisual?

A linguaxe audiovisual axúdavos a comprender o mundo, expresar ideas e comunicar de maneira creativa. Está en todas partes: dende películas e redes sociais ata libros ilustrados e anuncios.

Lectura facilitada

A linguaxe audiovisual é a forma de contar historias e transmitir ideas a través de imaxes e sons.

Grazas a ela, podedes:

  • Expresar emocións.
  • Crear mundos imaxinarios.
  • Compartir información de maneira atractiva. 

Utilízase nos seguintes medios:

MEDIOS NA LINGUAXE AUDIOVISUAL

  • icona libroCómic: historia contada con debuxos e textos en viñetas. Usa planos e cores para dar dinamismo.
  • icona fotografíaFotografía: imaxes fixas que capturan momentos, transmiten mensaxes ou crean arte.
  • icona cineCine e vídeo: imaxes en movemento combinadas con sons e diálogos para contar historias.
  • icona animaciónAnimación: debuxos ou figuras que se moven fotograma a fotograma para crear a ilusión de movemento.
  • icona televisiónTelevisión: información e entretemento en imaxes e sons para grandes audiencias.
  • icona videoxogosMultimedia e videoxogos: combina sons, imaxes, textos e interacción para crear experiencias únicas.

Por que é importante a linguaxe audiovisual?

A linguaxe audiovisual axúdanos a:

  • Comprender o mundo.
  • Expresar ideas.
  • Comunicar de maneira creativa.

Está en todas partes:

  • Películas.
  • Redes sociais.
  • Libros ilustrados e anuncios.

Compoñer con arte

Cada vez que sacades unha foto co móbil, gravades un vídeo, deseñades un cómic ou vedes unha película, estades rodeados de imaxes que contan historias. E sabedes que? Vós tamén podedes crear imaxes que transmitan emocións, ideas ou accións.

Para iso é importante aprender a compoñer con arte, a colocar ben os elementos dentro da imaxe para que queden equilibrados, atractivos e expresivos. 

Hoxe ides descubrir algúns trucos e recursos que usan os e as profesionais do cine, da fotografía, da televisión ou dos cómics para facer que as súas imaxes falen sen palabras.

Preparados e preparadas para coñecer as principais regras compositivas aplicadas á linguaxe audiovisual?

Lectura facilitada

Sacar unha foto co móbil,

gravar un vídeo,

deseñar un cómic

ou ver unha película,

permite estar rodeados de imaxes que contan historias.

Vós tamén podedes crear imaxes que transmitan:

  • Emocións.
  • Ideas.
  • Accións.

Para iso é importante:

  • Aprender a compoñer con arte.
  • A colocar ben os elementos dentro da imaxe.

Iso fará que os elementos queden equilibrados, atractivos e expresivos. 

Ides descubrir algúns trucos e recursos que usan os e as profesionais para facer que as súas imaxes falen sen palabras.

Sinxeleza

Composición clara e limpa, con poucos elementos, que permite ver ben o importante.

No exemplo destacan só o rostro, as mans e o colar da muller, fundíndose o resto do seu corpo con fondo negro.

Composición fotográfica sinxela

Complexidade

Composición con moitos elementos, detalles e formas, que enche a imaxe e pode transmitir movemento ou confusión.

Na imaxe pódense observar moitos edificios de cores variadas, un sinfín de cables debuxando liñas diagonais e mesmo vehículos aparcados nunha das beiras da estrada.

Composición fotográfica complexa

Predominancia de liñas horizontais

Cando na imaxe destacan liñas que van de lado a lado (de esquerda a dereita). Transmiten tranquilidade, calma e estabilidade.

As liñas non teñen por que ser liñas literais, senón que tamén poden ser unha sucesión de elementos similares dispostos seguindo esa dirección horizontal e que levan o voso cerebro a visualizalos como unha "liña". Na fotografía as arbores colocadas en liña ou as flores agrupadas por cores suxiren horizontalidade.

Predominancia de liñas horizontais

Predominancia de liñas verticais

Cando destacan liñas que van de arriba a abaixo. Dan sensación de forza, altura e firmeza.

As palmeiras da fotografía co seu tronco esvelto fan que os vosos ollos percorran a fotografía de abaixo a arriba, e marcan a verticalidade que caracteriza a imaxe, mesmo non sendo unha foto en sentido vertical.

Predominancia de liñas verticais

Predominancia de liñas diagonais

Cando predominan liñas inclinadas. Transmiten dinamismo, movemento e tensión, facendo a imaxe máis activa e expresiva.

As liñas diagonais que debuxan os banzos da escaleira, remarcadas polas sombras contrastadas, fan que percibades a muller da imaxe subindo cun movemento veloz.

Predominancia de liñas diagonais

Predominancia de liñas orgánicas ou sinuosas

Uso de liñas curvas e suaves, inspiradas na natureza. Dan sensación de movemento, naturalidade e dinamismo.

Para percibir este tipo de liñas non só podedes recorrer a fotografar elementos naturais como ondas mariñas, dunas desérticas, pólas de árbores, etc., senón tamén elementos artificiais como o edificio da imaxe, que poden suxerir esas mesmas sensacións.

Predominancia de liñas sinuosas

Simetría

Cando os dous lados dunha imaxe son iguais ou moi parecidos. Transmite orde, tranquilidade e harmonía.

Na fotografía podedes ver a dúas irmás xemelgas que pola súa similitude física, por ir vestidas igual e pola súa colocación, insinúan unha simetría case perfecta.

Simetría

Equilibrio

Cando os elementos da imaxe están colocados sen que unha parte pese máis que outra, é dicir, que ningunha vos chame máis a atención cás demais. Pode ser simétrico ou asimétrico.

No exemplo que se mostra podedes observar un equilibrio asimétrico, que adoita ser máis difícil de conseguir que mediante a simetría. Aquí a construción da esquerda máis iluminada podería chamar máis a atención, mais a noria da dereita, pola forma circular non tan habitual, faille competencia. Tamén a colocación de ámbolos elementos, un abaixo e outro arriba, fai que se equilibren entre si.

Equilibrio

Regra dos terzos

Consiste en dividir a imaxe en 9 partes iguais con dúas liñas horizontais e dúas verticais. Os puntos onde se cruzan son ideais para colocar o elemento ou elementos máis importantes.

Na imaxe podedes ver neses puntos de interese tanto o home como o grupo de paxaros. Por outra banda, que un deles estea arriba e outro abaixo, fai que a fotografía quede máis equilibrada.

Regra dos terzos

Contraste

Diferenza entre elementos da imaxe (debida a cor, tamaño, forma, luz...) para destacar o máis importante.

Na famosa fotografía do exemplo, o grupo de homes destaca por verse nítidos en contraste co fondo de edificios borroso. Tamén por ser a parte máis escura destacando sobre o entorno, e por último, por conformar unha liña diagonal moi marcada.

Diferenza entre diferentes elementos para representar o concepto de contraste

Harmonía

Cando os elementos da imaxe combinan ben entre si, creando unha sensación agradable e equilibrada.

Aínda sendo diferentes todos os edificios que vedes na imaxe, comparten características similares: cores rechamantes, xanelas alongadas e, por como está tomada a fotografía, liñas diagonais moi marcadas.

Boa combinación de elementos para representar o concepto de harmonía

Efecto difuminado ou bokeh

Consiste en enfocar unha parte da imaxe e deixar o fondo borroso. Serve para destacar o suxeito principal.

No exemplo podedes apreciar como a parte máis próxima está nítida en contraste co fondo difuminado. Deste xeito o voso ollo destaca a linealidade das vías do tranvía como o elemento clave da imaxe.

Efecto difuminado ou bokeh

Efecto enmarcado

Colocar o elemento principal dentro dun marco natural ou artificial (portas, xanelas, árbores...) para guiar a mirada cara el.

Na fotografía do exemplo, o oco da xanela fai que a vosa mirada se dirixa cara ao que hai no seu interior: dúas mozas conversando animadamente nun bar.

Rapazas nunha ventá para representar o concepto de efecto enmarcado

Recordade que ademais da composición, podedes aplicar os recursos que aprendestes ao principio de curso sobre cor, textura e composición plástica.

Lectura facilitada

Sinxeleza

Composición clara e limpa, con poucos elementos, que permite ver ben o importante.

Complexidade

Composición con moitos elementos, detalles e formas, que enche a imaxe e pode transmitir movemento ou confusión.

Predominancia de liñas horizontais

Cando na imaxe destacan liñas que van de lado a lado (de esquerda a dereita). Transmiten tranquilidade, calma e estabilidade.

Predominancia de liñas verticais

Cando destacan liñas que van de arriba a abaixo. Dan sensación de forza, altura e firmeza.

Predominancia de liñas diagonais

Cando predominan liñas inclinadas. Transmiten dinamismo, movemento e tensión, facendo a imaxe máis activa e expresiva.

Predominancia de liñas orgánicas ou sinuosas

Uso de liñas curvas e suaves, inspiradas na natureza. Dan sensación de movemento, naturalidade e dinamismo.

Simetría

Cando os dous lados dunha imaxe son iguais ou moi parecidos. Transmite orde, tranquilidade e harmonía.

Equilibrio

Cando os elementos da imaxe están colocados sen que unha parte pese máis que outra, é dicir, que ningunha vos chame máis a atención cas demais. Pode ser simétrico ou asimétrico.

Regra dos terzos

Consiste en dividir a imaxe en 9 partes iguais con dúas liñas horizontais e dúas verticais. Os puntos onde se cruzan son ideais para colocar o elemento ou elementos máis importantes.

Contraste

Diferenza entre elementos da imaxe (debida a cor, tamaño, forma, luz...) para destacar o máis importante.

Harmonía

Cando os elementos da imaxe combinan ben entre si, creando unha sensación agradable e equilibrada.

Efecto difuminado ou bokeh

Consiste en enfocar unha parte da imaxe e deixar o fondo borroso. Serve para destacar o suxeito principal.

Efecto enmarcado

Colocar o elemento principal dentro dun marco natural ou artificial (portas, xanelas, árbores...) para guiar a mirada cara el.

Recordade que ademais da composición, podedes aplicar os recursos que aprendestes ao principio de curso sobre cor, textura e composición plástica.

Os planos da linguaxe audiovisual

Na linguaxe audiovisual, utilizada no cómic, na fotografía e no cine, os planos son fundamentais para contar historias e transmitir emocións. Guían a mirada do espectador ou espectadora e transmiten emocións específicas. Aprender a usalos permítevos expresarvos mellor.

Poderiades definir o plano na linguaxe audiovisual como o fragmento ou porción da realidade (aínda que esta poda ser unha historia de ficción) que elixides para representar e presentar ao espectador ou espectadora. Neste proceso é necesario seleccionar só o que vos interesa para transmitir unha idea ou sensación determinada.

Os planos dependen de dúas variables fundamentalmente, o encadre e a angulación:

  • O encadre refírese á porción escollida da realidade e depende da distancia da cámara respecto á escena seleccionada (no caso do cómic, substitúese a cámara polo ollo do/da debuxante). O encadre serve para destacar detalles, crear sensacións e orientar a atención da persoa espectadora.
  • A angulación determina dende que punto de vista observades a escena, o que pode cambiar a percepción da mesma e o significado das imaxes.

Lectura facilitada

Na linguaxe audiovisual, utilizada:

  • No cómic.
  • Na fotografía.
  • No cine.

Os planos son fundamentais para contar historias e transmitir emocións.

Guían a mirada do espectador ou espectadora e transmiten emocións específicas.

Aprender a usalos permítevos expresarvos mellor.

Poderiades definir o plano na linguaxe audiovisual como o fragmento ou porción da realidade (aínda que esta poda ser unha historia de ficción).

Elixídelo para representar e presentar ao espectador ou espectadora.

Neste proceso é necesario seleccionar só o que vos interesa para transmitir unha idea ou sensación determinada.

Os planos dependen de dúas variables fundamentalmente, o encadre e a angulación:

  • O encadre refírese á porción escollida da realidade.

Depende da distancia da cámara respecto á escena seleccionada.

No caso do cómic, substitúese a cámara polo ollo do/da debuxante.

O encadre serve para destacar detalles, crear sensacións e orientar a atención da persoa espectadora.

  • A angulación determina dende que punto de vista observades a escena,

o que pode cambiar a percepción da mesma e o significado das imaxes.

TIPOS DE PLANOS SEGUNDO O ENCADRE

A continuación, podedes ver exemplos dos principais tipos de planos, están todos eles sacados da película de animación "Superman 1940s cartoons".

Xeral

Plano que recolle unha escena moi ampla e xeralMostra unha gran parte da escena, situando os personaxes no seu contorno. Serve para darvos unha visión xeral da escena e situar nun contexto amplo a escena ou historia que se está a representar.

Conxunto

Plano que recolle unha escena amplia e de conxuntoEnfoca varios personaxes dentro do espazo, permitindo ver as súas accións e as relacións que se establecen entre eles. Neste tipo de planos tanto os personaxes como o entorno importan.

Enteiro

Plano que recolle aos personaxes de corpo enteiroMostra unha persoa de corpo enteiro. Segundo vos achegades os personaxes mediante os planos, estes cobran maior importancia en detrimento do espazo que os rodea. Este plano en concreto, permítevos coñecer aos personaxes presentando con máis detalle a súa fisionomía, o seu vestiario e complementos. Mesmo como se moven no caso do vídeo ou animación.

Americano

Plano que recorta ao personaxe á altura dos xeonllosCorta a figura á altura dos xeonllos, moi usado no chamado cine western. Permite achegarvos aos personaxes un pouco máis mantendo visibles as mans, que acostuman ser elementos moi expresivos, tanto por si mesmas como se portan cousas.

Medio

Plano que recorta as personaxes da cintura á cabezaCapta a figura dende a cintura ata a cabeza. Permite entrever expresións nos rostros sen deixar de percibir xestos corporais.

Primeiro plano

 Plano que recolle o rostro enteiro do personaxeResalta o rostro ou un obxecto para enfatizar emocións ou detalles.

Primeirísimo primeiro plano

Plano que recorta unha parte do rostro do personaxeEncadra só unha parte do rostro, como os ollos ou a boca. Cando estes expresan algo significativo como pode ser unhas bágoas, un berro etc.

Detalle

Plano moi próximo que mostra unha soa parte dun todoDestaca un obxecto ou unha parte moi concreta da escena, porque vos ofrece unha información moi relevante da historia.

 TIPOS DE PLANOS SEGUNDO AS ANGULACIÓNS

Os seguintes gráficos mostran dun xeito sinxelo onde estaría situada a cámara (fotográfica ou de vídeo) con respecto ao elemento rexistrado, neste caso unha persoa astronauta.

Se se tratara dun cómic, o/a debuxante ocuparía o rol da cámara.

Cenital

Vista dun obxecto ou personaxe dende o ceoMostra unha gran parte da escena, situando os personaxes no seu contorno.

Picada

Vista dun obxecto ou personaxe dende arribaEnfoca varios personaxes dentro do espazo, permitindo ver as súas accións.

Normal

Vista dun obxecto ou personaxe dende a fronte á mesma alturaMostra unha persoa de corpo enteiro.

Contrapicada

Vista dun obxecto ou personaxe dende abaixoCorta a figura á altura dos xeonllos, moi usado no chamado cine western.

Nadir

Vista dun obxecto ou personaxe dende o chanCapta a figura desde a cintura ata a cabeza.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)