Fotografías lendarias
En grupos de 4 ides escoller unha pasaxe do conto popular co que estades a traballar.
Dela elixiredes 4 escenas que representaredes mediante fotografías:
- Debedes usar 4 tipos de planos diferentes. Estudade cal é o encadre e angulación que mellor se axusta a cada unha delas.
Por exemplo, se é unha escena na que todos os personaxes teñen o mesmo protagonismo, un plano conxunto podería ser o máis axeitado. Pero se pola contra, o que importa é mostrar os sentimentos dun dos personaxes, quizais un primeiro ou primeirísimo plano sería o máis axeitado.
- Ademais, tedes que enriquecer as vosas fotos coas regras de composición audiovisual que acabades de ver segundo o que queirades transmitir.
Por exemplo, se vos interesa mostrar caos, desasosego etc, unha composición complexa, unha con liñas diagonais ou con mestura de diferentes tipos de liñas, ou ben unha desequilibrada serían as máis axeitadas. Por outra banda, se o buscado é representar calma, tranquilidade etc, unha composición sinxela con poucos elementos, unha na que predominen as liñas horizontais, unha simétrica ou unha equilibrada, serían as mellores opcións.
Preparade unha pequena presentación dixital, na que acompañedes cada fotografía cun texto informativo que conteña o seguinte:
- Nome e referencia do conto popular.
- Nome da pasaxe (inventaredes vós mesmos/as un título atractivo que faga referencia á pasaxe).
- Tipo de plano empregando atendendo tanto ao encadre como á angulación.
- Tipo de composición audiovisual usada.
Lectura facilitada
En grupos de 4.
Ides escoller unha pasaxe do conto popular co que estades a traballar.
Dela elixiredes 4 escenas que representaredes mediante fotografías.
Debedes ter en conta:
- Usar 4 tipos de planos diferentes.
- Estudade cal é o encadre e a angulación que mellor se axusta a cada unha delas.
- Se é unha escena na que todos os personaxes teñen o mesmo protagonismo, un plano conxunto podería ser o máis axeitado
- Se, pola contra, o que importa é mostrar os sentimentos dun dos personaxes, quizais un primeiro ou primeirísimo plano sería o máis axeitado.
Alén disto, tedes que enriquecer as vosas fotos coas regras de composición audiovisual que acabades de ver.
Tede en conta o que queirades transmitir.
Por exemplo, se vos interesa mostrar:
- Caos.
- Desasosego.
Unha composición complexa,
unha con liñas diagonais ou con mestura de diferentes tipos de liñas,
ou ben unha desequilibrada serían as máis axeitadas.
Por outra banda, se o buscado é representar:
- Calma.
- Tranquilidade.
Unha composición sinxela con poucos elementos,
unha na que predominen as liñas horizontais,
unha simétrica ou unha equilibrada, serían as mellores opcións.
Preparade unha pequena presentación dixital.
Acompañade cada fotografía cun texto informativo que conteña o seguinte:
- Nome e referencia do conto popular.
- Nome da pasaxe (inventaredes vós mesmos/as un título atractivo que faga referencia á mesma).
- Tipo de plano empregando atendendo tanto ao encadre como á angulación.
- Tipo de composición audiovisual usada.