Comezando a misión
No planeta Carbonus esgotáronse todas as fontes de enerxía non renovables como o petróleo, o carbón e o gas natural. Teremos que trazar un plan de rescate enerxético para poder prestar a nosa axuda.
A única forma de axudar será ensinarlles a usar as fontes de enerxía renovables, para que poidan volver a producir electricidade.
Temos unha idea! Comprobaremos se neste planeta sería posible aproveitar a forza do vento e da auga, e a luz dunha estrela próxima. Deste xeito, en caso afirmativo, poderemos guialos para utilizar a enerxía eólica, hidráulica e solar.
Para facer as nosas investigacións, deseñaremos un robot explorador que cumpra os seguintes requisitos:
- Desprazarse evitando obstáculos.
- Ter unhas grandes aspas para detectar o vento.
- Dispoñer dun sistema para detectar auga.
- Medir a luz do planeta en todo momento.

Pasos a seguir:
- Construiremos un robot explorador con Nezha e Microbit seguindo os seguintes pasos de montaxe (nova xanela). (Versión editable).
- Programaremos o noso robot en MakeCode tendo en conta as seguintes instrucións de axuda (nova xanela). (Versión editable).
- Comprobaremos que funciona correctamente para que Flipi poida facer un estudio no Planeta Carbonus e nos informe dos resultados obtidos. Podemos utilizar esta lista de control (nova xanela). (Versión editable).
Lectura facilitada
No planeta Carbonus esgotáronse todas as fontes de enerxía non renovables
como o petróleo, o carbón e o gas natural.
Teremos que trazar un plan de rescate enerxético para poder prestar a nosa axuda.
A única forma de axudar será ensinarlles a usar as fontes de enerxía renovables,
para que poidan volver a producir electricidade.
Comprobaremos se neste planeta é posible aproveitar a forza do vento e da auga,
e a luz dunha estrela próxima.
Deste xeito poderemos guialos para utilizar a enerxía eólica, hidráulica e solar.
Para facer as nosas investigacións,
deseñaremos un robot explorador que cumpra os seguintes requisitos:
- Desprazarse evitando obstáculos.
- Ter unhas grandes aspas para detectar o vento.
- Dispoñer dun sistema para detectar auga.
- Medir a luz do planeta en todo momento.
Pasos a seguir:
- Construiremos un robot explorador con Nezha e Microbit.
- Programaremos o noso robot en MakeCode.
- Comprobaremos que funciona correctamente.