Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaComa todo gran persoa científica, precisas dun diario no que ir anotando os teus pensamento e ideas para acadar o reto proposto. Isto é o diario de aprendizaxe.

Este diario é un documento no que irás escribindo as experiencias vividas ao longo deste reto. Está composto por varias partes e preguntas que che axudarán a reflexionar sobre o que estás aprendendo.

Deberás cubrilo seguindo as indicacións da persoa docente, pero lembra que non é para avaliar. Así que podes escribir con sinceridade para que che axude a coñecer o teu progreso no reto.

Contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu equipo. Trátase dun documento persoal e individual que che permite autoavaliarte, compartir información co resto da clase e aprender a aprender. 

Cando remates o reto, poderás revisar o teu diario de aprendizaxe e estarás moi satisfeito ou satisfeita do gran traballo realizado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)