Saltar navegación

1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Temos un gran reto por diante e seguro que a túa mente xa está a idear posibles solucións. Pero... Onde as anotamos? Tranquilidade, para iso está o diario de aprendizaxe, o cal te acompañará durante esta viaxe.

Dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o seu uso: acceso ao apartado do diario de aprendizaxe.

Agora que xa sabes o que é o diario de aprendizaxe, deberás realizar as actividades correspondentes á fase 1. 

Nesta fase coñeciches o problema que existe no planeta Carbonus e o reto no que debedes traballar. Pensa e reflexiona antes de escribir.

 Preme para ver o diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)