| Participación e colaboración | Todas as persoas do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras. (2) | A maior parte do grupo participou activamente nas tarefas propostas e axudaron aos demáis. (1.5) | A metade das persoas do grupo participaron activamente nas tarefas e axudáronse entre sí. (1) | Só traballou unha persoa do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5) |
|---|
| O clima de traballo | Foi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2) | Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5) | Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se solucionaron con axuda. (1) | Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron ao traballo. (0.5) |
|---|
| Na posta en común de ideas | Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento das propostas. (2) | Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5) | A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1) | Só unha persoa do equipo achegou ideas, o resto das persoas non levou propostas ao debate. (0.5) |
|---|
| Para o seguimento do traballo | Fixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2) | Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1.5) | Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1) | Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5) |
|---|
| A autonomía | Foi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2) | Foi adecuada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5) | Foi moderada xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1) | Foi escasa xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5) |
|---|