Saltar navegación

5.1. Repasamos o aprendido

Debate en grupo

Todas e todos faremos unha posta en común para compartir as reflexións, ideas e propostas sobre o proxecto.
Lembra que debes expresar a túa opinión con respecto e razoadamente, falando de xeito ordenado.

Ilustración que representa unha infografía resumo

Lectura facilitada

Nun gran grupo faremos unha posta en común,

onde podes dicir o que pensas do proxecto,

se foi interesante ou aburrido.

Lembra que debes expresar a túa opinión con respecto,

escoita ás outras persoas e respecta o que din.

Resumo do reto que realizaches e o que fixeches en cada unha das fases.

1. Un reto interestelar

  • Presentación do reto.
  • No planeta Carborus esgotaron os combustibles fósiles e precisan da nosa axuda.

2. Preparando a viaxe

  • Formamos equipos.
  • Facemos memoria do que sabemos sobre as enerxías renovables e non renovables.

3. Reiniciando Carbonus

  • Aprendemos sobre a enerxía e o desenvolvemento sostible.
  • Construímos un robot explorador.
  • Elaboramos unha maqueta que funcione con enerxías renovables.

4. Congreso científico

  • Realizamos unha exposición das maquetas elaboradas ante o resto de alumnado e familias.

5. Conclusións

  • Reflexionamos sobre todo o aprendido.

Apoio visual

Ilustración que representa unha infografía resumo

Precisas axuda para entender o debuxo?

Un reto interestelar

  • Presentación do reto.
  • No planeta Carborus esgotaron os combustibles fósiles e precisan da nosa axuda para volver a ter electricidade.

Preparando a viaxe

  • Formamos equipos.
  • Facemos memoria do que sabemos sobre as enerxías renovables e non renovables.

Reiniciando Carbonus

  • Aprendemos sobre as enerxías e o desenvolvemento sostible.
  • Construímos un robot explorador.
  • Elaboramos unha maqueta que funcione con enerxías renovables.

Congreso científico

  • Realizamos unha exposición e presentación das maquetas elaboradas ante o resto de alumnado   ás familias.

Conclusións

  • Reflexionamos sobre todo o aprendido ao longo do reto, as cousas que mellor saíron e as dificultades atopadas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)