Eureka! É unha expresión que empregan as científicas e científicos cando resolven un problema. Se chegaches ata aquí quere dicir que conseguiches realizar o reto. Parabéns! Pero unha parte esencial de todo proceso científico é poder compartir os descubrimentos cos demais.
Compartir o coñecemento é o que nos permite avanzar como sociedade e axudar a resolver os problemas que existen.
É o momento de amosar as vosas maquetas e explicar como foi o proceso de creación. Darédesvos conta de canto aprendestes durante estas sesións.
Para compartir os seus descubrimentos, as persoas científicas realizan reunións onde intercambiar os seus avances e poder aprender unhas das outras. Son os chamados congresos científicos.

Lectura facilitada
Eureka! É unha expresión que empregan os científicos e científicas cando conseguen resolver un problema.
Se chegaches ata aquí quere dicir que conseguiches realizar o reto.
Parabéns! Pero unha parte importante de todo proceso científico é poder compartir os descubrimentos cos demais.
Compartir o coñecemento é o que nos permite avanzar como sociedade e axudar a resolver os problemas que existen.
É o momento de amosar as vosas maquetas e explicar como foi o proceso de creación.
Darédesvos conta de canto aprendestes durante estas sesións.
Para compartir os seus descubrimentos, as persoas científicas realizan reunións onde intercambiar os seus avances e poder aprender unhas das outras.
Son os chamados congresos científicos.