Saltar navegación

2.2. Roubando ideas

En equipo

Ilustración que representa un ladrón

Cos equipos xa formados anteriormente, toca poñer a mente a traballar. Canto sabedes sobre as fontes de enerxía?

Teredes que cubrir a primeira parte desta táboa (nova xanela) ou se preferides descargar a versión editable, con cinco oracións sobre as fontes de enerxía, durante un tempo aproximado de dez minutos. 

A continuación, comezará a quenda de roubar ideas. Durante este tempo, unha persoa de cada grupo se poderá levantar para espiar as oracións que escribiron os outros equipos. O proceso repetirase tres veces, de tal xeito que tres participantes se encargarán de roubar ideas e un de escribir as oracións na parte inferior da táboa.

Para rematar, faremos unha posta en común das ideas de todos os grupos.

Lectura facilitada

Cos equipos xa formados anteriormente, toca poñer a mente a traballar.

Canto sabedes sobre as fontes de enerxía?

Teredes que cubrir a primeira parte desta táboa con cinco oracións

sobre as fontes de enerxía, durante un tempo aproximado de dez minutos. 

Despois comezará a quenda de roubar ideas.

Unha persoa de cada grupo se poderá levantar para espiar

o que escribiron os outros equipos.

O proceso repitarase tres veces.

Tres participantes encargaranse de roubar ideas.

Un estudante de escribir as oracións na parte inferior da táboa.

Despois faremos unha posta en común das ideas de todos os grupos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)