| Na comprensión do proxecto | Entendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2) | Coñezo os pasos do reto, pero non entendín todas as partes. (1.5) | Coñezo varios dos pasos do reto, non entendín todas as partes. (1) | Non entendín as partes do reto. (0.5) |
|---|
| No traballo en equipo | Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2) | Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoie as propostas dos demais. (1.5) | Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1) | Non aceptei a miña participación no grupo. Rexeitei o traballo. (0.5) |
|---|
| No traballo individual | Realicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e as fixen correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5) |
|---|
| Na elaboración da maqueta | Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5) | Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1) | A pesar de participar en algunhas actividades, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis. (0.5) |
|---|
| Na superación do reto | Traballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. (2) | Colaborei na consecución do reto. (1.5) | A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1) | Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5) |
|---|