Analizando datos
Temos boas novas dende o planeta Carbonus.
Dende os dispositivos do noso club de ciencias acabamos de recibir un informe detallado procedente do planeta Carbonus. Imos ver e analizar os resultados que nos envía Flipi. Prestade moita atención! Preme na imaxe.
Ola, terrícolas:
A misión foi todo un éxito.
Recibimos as vosas instrucións e fixemos as comprobacións.
Coa axuda da miña axencia espacial, construímos e programamos un deseño similar ao robot explorador.
Os resultados foron os seguintes:
- As aspas móvense durante todo o tempo, e alcanzan gran velocidade cando o robot sube ao alto da montaña.
- Cando fixemos as comprobacións, a luz verde indicou que temos auga en moitas zonas do noso planeta.
- As medicións de luz superan os datos da Terra, xa que aquí temos unha estrela que brilla aínda máis que o sol.
Esperamos as vosas instrucións, queridos terrícolas.
Un saúdo, Flipi.
