Saltar navegación

A forza do vento

 

Glosario

Aeroxerador

Ilustración que representa un aeroxerador
Definición:

Peza que transforma a enerxía cinética en enerxía eléctrica.

Exemplo:

Os aeroxeradores producen enerxías máis limpas. 

Aspas

Ilustración que representa as aspas dun eólico
Definición:

Mecanismo en forma de xe dos muíños de vento que permite o movemento.

Exemplo:

As aspas do aeroxerador son moi grandes.

                   

Enerxía cinética

Ilustración que representa o movemento en bicicleta
Definición:

A enerxía prodúcese grazas ao movemento. 

Exemplo:

O pedaleo produce enerxía cinética. 

Alternador

Ilustración que representa un alternadorDefinición:

Máquina que xera corrente.

Exemplo:

O alternador transforma a enerxía cinética en enerxía eléctrica. 



                 

Enerxía eólica

Ilustración que representa a enerxía eólicaComo xa viches anteriormente, podemos obter enerxía directamente da natureza de materias primas renovables. Unha fonte de enerxía renovable moi abundante en Galicia é o vento. A enerxía eólica transforma a enerxía do vento en electricidade. Pero... Como o fai? 

Para producir enerxía a través do vento precisamos uns aeroxeradores. O vento move as aspas do aeroxerador producindo enerxía cinética, que se transforma en enerxía eléctrica grazas a un alternador. Esta enerxía eléctrica distribúese, a través da rede eléctrica, ata as nosas casas. Podemos atopar aeroxeradores de forma illada, un ou dos soamente, pero o máis común é atopar parques eólicos formados por moitos aeroxeradores. 

Os parques eólicos poden atoparse en terra, como o parque eólico de A Capelada (Cedeira), ou no mar, como o WindFloat Atlantic, en augas de Portugal. 

Ilustración que representa un parque eólico na terra               Ilustración que representa un parque eólico marítimo

Lectura facilitada

Podemos obter enerxía da natureza a partir de materias primas renovables.

O vento é unha enerxía renovable moi común en Galicia.

A enerxía eólica emprega a forza do vento para producir electricidade.

Necesitamos aeroxeradores con aspas.

O vento move as aspas e produce enerxía cinética.

A enerxía cinética transfórmase en enerxía eléctrica coa axuda dun alternador.

A enerxía eléctrica chega as nosas casas pola rede eléctrica.

Os aeroxeradores poden estar agrupados, formando parque eólicos, ou illados.

Mans á obra

Agora é a vosa quenda. Imos construír un mini aeroxerador co que podamos transformar a enerxía do vento en enerxía eléctrica coa que acender unha luz. 

Descrición

O vento é aire en movemento. Este movemento produce enerxía cinética, o cal reproducimos a través da roda. Ao xirar a roda, producirá enerxía que se transmite ao motor e este acenderá a luz. 

Materiais

  • Depresores de madeira ou cartón para facer as aspas do aeroxerador. 
  • Tubo de cartón para facer a base do aeroxerador. 
  • Un pequeno motor.
  • Unha roda que nos permita xirar o motor.
  • Un LED.
  • Un cartón para facer unha casa (pode ser un cartón de leite reutilizable).

Pasos a seguir

    • Deseña as aspas do eólico e pégaas á roda. 
    • Crea a base do eólico. 
    • Coloca as patas do LED nos cables que proceden do motor. Lembra que a pata longa do LED é o ánodo positivo e, a pata curta, é o ánodo negativo. 
    • Coloca a roda no motor e xírao para ver como acende o LED. 
    • Por último, coloca o motor enriba da base. 

Fotografía dunha aspa feita con paus

1. Deseña as aspas.

Fotografía dun rolo de cartón para facer a base do xerador eólico

2. Crea a base.

Fotografía dun aparello composto por unha roda dentada, un motor eléctrico e un LED, todo conectado.

3. Conecta o LED ao motor. 

     

Exemplo:

Fotografía do muíño eólico para producir electricidade e acender o LED

Para facer as comprobacións poderás utilizar esta lista de control en formato PDF (nova xanela) ou a versión editable.

Inspiración



Feito con eXeLearning (Nova xanela)