Saltar navegación

O poder da auga

 

Glosario

Catarata

Ilustración que representa unha catarata
Definición:

Unha catarata ou salto de auga é a caída de gran cantidade de auga dende unha altura considerable.

Exemplo:

As cataratas tamén se chaman cascadas, se son pequenas, ou saltos de auga.

Enerxía mecánica

Ilustración que representa un ventilador
Definición:

A enerxía mecánica fai referencia á capacidade que ten calquera obxecto para producir movemento.

Exemplo:

Un ventilador, unha bola en movemento...

Presa

Ilustración que representa unha presa
Definición:

Unha presa consiste nunha estrutura feita polo ser humano, destinada a almacenar gran cantidade de auga que se emprega para alimentar unha central hidroeléctrica.

Exemplo:

Una presa é similar a un encoro

A enerxía da auga

Ilustración que representa unha central hidráulica

A auga é un recurso de enerxía renovable. Cando está en movemento, posúe enerxía mecánica, chamada tamén enerxía hidráulica

A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía renovable e limpa que consiste en aproveitar a caída da auga dende unha determinada altura para xerar enerxía eléctrica. Estas caídas de auga poden ser construídas polo ser humano, como as presas, ou poden ser naturais, como as cataratas.

Este tipo de enerxía prodúcese nas centrais hidroeléctricas.

Pero... Como funcionan as centrais hidroeléctricas?

   

Vantaxes

  • É un tipo de enerxía limpa e sostible: non xera residuos contaminantes, emprega unha fonte de enerxía renovable (auga) e reduce as emisións de dióxido de carbono.
  • É unha enerxía barata: a electricidade producida a partir da enerxía hidráulica, ten un custo moi reducido.
  • Alta seguridade: estas centrais empregan a auga como combustible para xerar electricidade e iso fai que sexan moi seguras.
  • Permite unha planificación: cunha boa xestión hidráulica, pódese planificar a obtención deste tipo de enerxía a longo prazo.

Desvantaxes

  • Custo inicial elevado: o custo para a construción das centrais ou dos encoros é elevado.
  • Dependencia climatolóxica: a produción de electricidade pode quedar afectada en seca ou en períodos de crecidas dos ríos.
  • Cambios no entorno: a construción dos encoros alteran o entorno.
Ilustración que representa unha cascada
Cascada do Ézaro, A Coruña

Lectura facilitada

A auga é outro recurso de enerxía renovable.

A auga, se está en movemento, ten enerxía mecánica (hidráulica).

A enerxía hidráulica é renovable e limpa.

Esta enerxía aproveita a forza da caída da auga para producir enerxía.

As caídas de auga poden ser naturais (cataratas) ou feitas polo ser humano (presas).

Esta enerxía prodúcese nas centrais eléctricas.

Vantaxes:

  • Enerxía limpa e sostible, que non xera residuos que contaminan.
  • É unha enerxía pouco custosa.
  • Alta seguridade: as centrais son moi seguras.
  • Pódese facer unha planificación e obter enerxía a longo prazo.

Desvantaxes:

  • O custo, ao principio, é alto para construír os encoros ou as centrais.
  • É unha enerxía que depende do clima.
  • A construción dos encoros altera a paisaxe.

Mans á obra!

Imos a elaborar a última parte da nosa maqueta.

Descrición

Con materiais de refugallo, podemos crear unha pequena turbina hidroeléctrica coa que poderemos acender un LED. Teremos un depósito de auga (botella de auga grande) nunha altura superior á hélice. Grazas á forza da auga ao caer, moverase a hélice (feita con tapóns). Este movemento transmitirase ao motor, facendo que acenda o LED. O LED pode formar parte dunha casa ou como parte do alumeado público. 

Materiais

  • 6 tapóns de plástico de botella.
  • 1 tapón de diámetro superior.
  • 1 motor.
  • 1 LED.
  • 1 botella grande de auga.
  • 1 palliña.

Pasos a seguir

    • Pegar os tapóns de auga arredor da roda de maior diámetro. 
    • Enganchar a roda ao motor.
    • Colocar a botella de auga grande, a modo de depósito, nunha altura máis elevada, tendo en conta que o chorro de auga debe caer enriba dos tapóns.
    • Conectamos o LED ao motor.
    • Deixar fluír a auga dende o depósito cara a hélice.

Ilustración que representa unha hélice

1. Elaboración da hélice.

Ilustración que representa unha casiña cun led

2. Colocación do LED na casa

Ilustración que representa un depósito de auga e palliña

3. Depósito de auga.

     

Exemplo:

Ilustración que representa un proxecto escolar de enerxía hidráulica

Para facer as comprobacións poderás utilizar esta lista de control (nova xanela) ou a versión editable.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)