O noso reto
Dende o planeta Carbonus precisan a vosa axuda de maneira urxente. Esgotaron os combustibles fósiles polo que non teñen luz, nin transporte, nin nada que necesite da enerxía eléctrica para funcionar. Pensa que podería ocorrer o mesmo no planeta Terra de non realizar cambios na produción de enerxía.

Temos ante nós un gran reto que resolver e precisamos da vosa axuda:
Crear un robot explorador que nos permita percorrer o planeta Carbonus, deseñar unha maqueta con distintas enerxías renovables e expoñer a maqueta a todo o alumnado e ás familias.
En marcha exploradoras e exploradores galácticos!
Lectura facilitada
Dende o planeta Carbonus precisan a vosa axuda.
Esgotaron os combustibles fósiles polo que non teñen luz,
nin transporte, nin nada que necesite da enerxía eléctrica para funcionar.
Pensa que podería ocorrer o mesmo no planeta Terra se non cambiamos
na forma de producir electricidade
Temos un gran reto que resolver e precisamos da vosa axuda:
- Crear un robot explorador que nos permita percorrer o planeta Carbonus
- Deseñar unha maqueta con distintas enerxías renovables
- Expoñer a maqueta ao alumnado do colexio e ás familias.
En marcha exploradoras e exploradores galácticos!