Saltar navegación

4.1. Un gran congreso

Organización

O primeiro é pensar nunha data, nun lugar e nun público destinatario do voso congreso científico, para o cal deberedes falar coa persoa docente.

Cada grupo deberá presentar e explicar como resolveu o reto para axudar a Flipi e ao seu planeta Carbonus. Podedes seguir esta guía de preguntas para preparar a exposición:

Ilustración que representa un informe

  • Cal é a problemática do planeta Carbonus e os problemas ecosociais?
  • Cal é o obxectivo do uso das enerxías renovables?
  • Como foi o proceso de creación?
  • Ao longo deste reto, tivestes que investigar, aprender, experimentar, analizar e crear.
  • Como resolvestes os problemas que xurdían?

Deberedes controlar o tempo de exposición, de tal xeito que cada membro do grupo interveña o mesmo tempo. 

Cando finalicedes a vosa exposición oral, chega o momento de contestar ás preguntas do público. Lembrade que a finalidade dun congreso científico é aprender uns dos outros, observando os traballos realizados, preguntando e compartindo experiencias. 

Lista de valoración para as exposicións do congreso científico.Lista de control (nova xanela) (Versión editable)

Lectura facilitada

O primeiro é pensar nunha data, nun lugar e nun público destinatario do voso congreso científico, para o cal deberedes falar coa persoa docente.

Cada grupo deberá presentar e explicar como resolveu o reto para axudar a Flipi e ao seu planeta Carbonus.

Podedes seguir esta guía de preguntas para preparar a exposición:

Cal é a problemática do planeta Carbonus?

Cal é o obxectivo do uso das enerxías renovables?

Como foi o proceso de creación?

Ao longo deste reto tivestes que investigar, aprender, experimentar, analizar e crear.

Como resolvestes os problemas que xurdían?

Deberedes controlar o tempo de exposición.

Todos e todas debedes participar.

Cando finalicedes a exposición oral, chega o momento de contestar ás preguntas do público. 

Lembrade que a finalidade dun congreso científico é aprender uns dos outros.

Difusión interplanetaria

Outras opcións para difundir os vosos traballos e que poidan chegar a máis xente son as seguintes:

1- Elaboración dun tríptico que recolla a información máis relevante do proxecto realizado.

2- Gravación dun vídeo explicativo e subida á rede. Deste xeito, Flipi recibirá a información e poderá abastecer o seu planeta con enerxías renovables. 

Ilustración que representa a acción de investigar

Feito con eXeLearning (Nova xanela)