Saltar navegación

A maxia das estrelas

 

Glosario

Panel solar

Ilustración que representa a enerxía solar
Definición:

É un dispositivo que está deseñado para captar a enerxía do sol e transformala en calor.

Exemplo:

Para aproveitar a enerxía solar precisamos instalar paneis solares nas nosas vivendas.

Fotovoltaico

Ilustración que representa a fotovoltaico
Definición:

Fai referencia á produción de enerxía eléctrica a partir da enerxía solar.

Exemplo:

Os paneis fotovoltaicos úsanse para producir a enerxía eléctrica a través da enerxía do sol e pódense colocar nos tellados das casas.

A enerxía solar

Ilustración que representa a enerxía do sol

Outro tipo de enerxía renovable é a enerxía solar. Este tipo de enerxía non é tan abundante na nosa comunidade autónoma, xa que precisa Sol e calor como fonte de enerxía e non sempre podemos contar con ese recurso.

Como xera enerxía o Sol? 

O sol emite enerxía en forma de luz e calor. Esa calor cáptase con paneis solares térmicos ou fotovoltaicos, que transforman a enerxía da radiación solar noutros tipos de enerxía (por exemplo, para quentar a auga ou para a calefacción das nosas casas).         

                                            

Vantaxes da enerxía solar 

  • É unha enerxía ecolóxica: non xera residuos.
  • É unha enerxía inesgotable.
  • O impacto no medio ambiente é menor que noutros tipos de enerxías renovables, como na eólica.
  • A enerxía que xera pódese almacenar para empregar cando precisemos.

Desvantaxes da enerxía solar

  • A súa montaxe é moi custosa.
  • É unha enerxía que depende da temperatura ambiente (a menos horas de luz, menos enerxía xerada.
  • Os paneis solares producen un impacto ambiental na paisaxe cando se montan en grandes extensións para producir enerxía a grande escala.

Ilustración que representa unha casa con paneis solares                             Ilustración que representa paneis solares

Lectura facilitada

A enerxía solar tamén é renovable.

En Galicia é menos empregada pola falta de sol.

Como xera enerxía o Sol?

— O sol xera enerxía en forma de luz e calor.

— A calor cáptase cos paneis solares .

— Os paneis transforman a enerxía do sol noutras formas de enerxía (quentar auga).

Vantaxes da enerxía solar:

  • Non xera residuos.
  • Non se esgota.
  • Impacto menor no medio ambiente que outro tipo de enerxías.
  • A enerxía pódese almacenar.

Desvantaxes:

  • Montaxe cara.
  • A enerxía que se produce depende da temperatura do medio.
  • Os paneis producen un impacto ambiental nas paisaxes.

Mans á obra!

Nalgunhas cidades e vilas, o alumeado público funciona grazas á enerxía solar. Nesta ocasión imos deseñar un farol que acenda con enerxía solar. 

Descrición

Os paneis solares están deseñados para captar a enerxía solar e transformala en enerxía eléctrica, permitindo iluminar as nosas rúas e reducindo o custo enerxético. Nesta ocasión, podemos empregar unha lanterna que simule o sol.

Materiais

  • Placa solar.
  • Cables de crocodilo.
  • Un LED.
  • Cartón ou cartolina para deseñar un farol. 

Pasos a seguir

    • Engancha un cable no extremo positivo da placa solar (por exemplo, de cor vermella) e no extremo positivo do LED.
    • Engancha un cable no extremo negativo da placa solar (por exemplo, de cor negra) e no extremo negativo do LED.
    • Cando a placa solar reciba luz, acenderá o LED. Podes empregar unha lanterna para ver o efecto.
    • Coloca o LED na parte superior do farol.

Ilustración que representa unha placa solar escolar

1. Placa solar vista frontal.

Ilustración que representa un LED

2. LED

Exemplo:

Ilustración que representa un proxecto escolar con placa solar

Para facer as comprobacións poderás utilizar esta lista de control en formato PDF (nova xanela) ou a versión editable.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)