Saltar navegación

Os recursos naturais

 

Glosario

Enerxía

Ilustración que representa a enerxía
Definición:

A enerxía é a capacidade que ten un corpo para producir un cambio noutros corpos ou nel mesmo.

Exemplo:

       A enerxía eólica emprega o vento para producir enerxía eléctrica.

Sostible

Ilustración que representa a sostibilidade
Definición:

 Fai referencia a algo que se pode soster durante moito tempo sen esgotar os recursos ou sen causar danos ao medio ambiente.

Exemplo:

 Debemos facer un uso sostible dos materiais naturais que nos ofrece o noso planeta.

Visionar

Ilustración que representa unhas persoas visionandodo un vídeo
Definición:

Ver unhas imaxes, vídeos, películas...

Exemplo:

Debemos facer un visionado dunha serie de imaxes.

                   

Misión: salvar o planeta Carbonus

A nosa misión consiste en salvar o planeta de Flipi. Para informarnos sobre o que puido acontecer, imos visionar o seguinte vídeo.

Agora podemos analizar máis a fondo a mensaxe recibida de SOS do noso amigo Flipi e reflexionar sobre o que puido acontecer en Carbonus. Que recursos esgotaron? Cres que esgotaron todos os recursos naturais do seu planeta? 

Por esta razón, imos aprender as posibilidades enerxéticas do planeta Terra e así poder ofrecer a mellor axuda sostible.

Comeza a nosa misión.

SALVAR O PLANETA CARBONUS!!

Os recursos naturais

Recursos naturais

Son produtos que podemos obter directamente da natureza e que se poden empregar para cubrir as necesidades das persoas. Podemos clasificalos en dous grandes grupos:

  • Segundo o seu uso:

Materias primas

A partir das materias primas podemos obter materiais para fabricar novos produtos. Poden ser de dous tipos:

— Renovables: unha vez extraídas ou consumidas, poden volver a producirse pola acción da natureza ou ser humano. Por exemplo, a madeira.

— Non renovables: unha vez esgotadas as súas reservas, non se poden volver a explotar, xa que non se renovan. Por exemplo, o carbón.

Segundo a súa orixe, as materias primas podemos clasificalas en:

  1. De orixe animal.
  2. De orixe vexetal.
  3. De orixe mineral.

As materias primas de orixe animal e vexetal son renovables. Pero os recursos da Terra son limitados e se non se empregan correctamente poden chegar a esgotarse.

Por iso, unha maneira de prolongar a vida destes recursos é reciclar todos os materiais posibles.

Fontes de enerxía

As fontes de enerxía son elementos da natureza que poden ser empregados na obtención de enerxía para os transportes,  para a industria ou para os fogares.

Por exemplo: petróleo, luz do sol ou o carbón.

          Ilustración que representa o carbón         Ilustración que representa a enerxía solar         Ilustración que representa o petróleo                                                         



Lectura facilitada

Os recursos naturais son produtos que sacamos da natureza para poder vivir.

Segundo o uso que fagamos deles, poden ser:

  • Materias primas: con elas podemos elaborar novos produtos.

    Poden ser:

   — Renovables.

   — Non renovables.

Segundo a súa dispoñibilidade:

Renovables

Son inesgotables, xa que se renovan continuamente na natureza, como o vento, a luz do sol ou os cultivos. Algúns destes recursos renóvanse en pouco tempo, coma os cultivos, pero outros tardan moitos anos, coma os bosques.

                   Ilustración que representa unha árbore como recurso natural

Non renovables

Atopámolos na natureza en cantidades limitadas polo que se poden esgotar se non os empregamos axeitadamente. Non teñen a capacidade de perpetuarse despois de seren usados. Un exemplo son os combustibles fósiles.

                  Ilustración que representa unha central de combustibles fósiles

Lectura facilitada

Segundo a dispoñibilidade, poden ser:

  • Renovables.
  • Non renovables.

Como evolucionou a enerxía?

 1. Durante uns minutos o alumnado observará as imaxes.

 2. A continuación, a persoa docente escollerá dous obxectos e nunha táboa, que lles entregará previamente. Deberán completar por grupos aleatorios, cuestións coma:

  — Diferenzas entre eles.

  — Semellanzas.

  — Tipo de enerxía empregada en cada un deles, procedencia desa enerxía e en que se transforma (luz, calor, movemento...).

  Un dos obxectos quedará sen parella. Deberán atopar cal sería e facer unha explicación razoada. 

   Neste enlace poderán acceder á táboa (nova xanela) para completar. (Versión editable)

Ilustración que representa un ábaco

Ilustración que representa unha calculadora                                

Ilustración que representa un abanico

Ilustración que representa un ventilador

Ilustración que representa un cepillo de dentes eléctrico

Ilustración que representa un cepillo de dentes

Ilustración que representa unha vela

Ilustración que representa unha lanterna

Ilustración que representa un ordenador

Feito con eXeLearning (Nova xanela)