Un combustible é calquera material que pode arder con moita facilidade.
Exemplo:
O carbón e a madeira son combustibles moi empregados nas nosas casas para proporcionar calor.
Heteroxéneo
Definición:
Heteroxéneo fai referencia a algo que é variado, que está composto por elementos diferentes.
Exemplo:
As mesturas que formemos deben ser heteroxéneas.
A enerxía
Definición
A enerxía é a capacidade que ten un corpo de producir un cambio no seu sistema ou noutros.
Estes cambios pódense manifestar de formas diversas: movemento, luz, calor...
Características da enerxía:
— Non se ve, non ocupa un espazo nin ten masa, pero os seus efectos nótanse en todo o que nos rodea.
— Non se xera, senón que a obtemos mediante a transformación doutra forma de enerxía que debe existir previamente na natureza.
Usos da enerxía:
Podemos empregar a enerxía para:
Obter movemento
Medios de transporte, máquinas...
Obter calor
Calefaccións, fornos...
Obter electricidade
Para os fogares, a industria e o comercio.
A electricidade é unha forma de enerxía moi útil porque se pode transportar facilmente a través de cables.
Non se obtén directamente da natureza, senón que se obtén a partir de distintas fontes de enerxía nas centrais eléctricas.
Lectura facilitada
A enerxía é a capacidade que ten un corpo para poder producir cambios.
Eses cambios poden ser en forma de luz, calor, movemento...
As características da enerxía son:
— Nin se ve, nin ocupa un lugar, nin ten peso, pero a podemos notar.
— Non se xera, obtémola polo cambio doutra fonte de enerxía.
Usos da enerxía:
Para obter movemento, coma nos medios de transporte.
Para obter calor: nas calefaccións.
Para obter electricidade: nos fogares, na industria e nos comercios.
Audio
Tipos de fontes de enerxía
As fontes de enerxía pódense clasificar en dous tipos:
Renovables
Son fontes de enerxía que proceden de recursos naturais que se atopan con facilidade na natureza e que poden rexenerarse nun tempo curto. Porén, é importante facer un uso responsable delas, porque se as explotamos en exceso, poden esgotarse ao non darlles tempo a recuperarse.
Enerxía solar: transforma a enerxía do sol en electricidade ou calor. Esa calor serve, por exemplo, para quentar a auga ou para a calefacción.
Enerxía do mar: aproveita a enerxía dos mares e océanos.
Enerxía eólica: transforma a enerxía do vento en electricidade.
Enerxía xeotérmica: consiste no aproveitamento da enerxía acumulada en forma de calor debaixo da superficie terrestre.
Esta calor pode aproveitarse para quentar auga ou para obter electricidade.
A biomasa: obtense enerxía a partir de restos de seres vivos, como a madeira, as feces...
Pódese obter dela enerxía eléctrica, enerxía térmica ou, tamén, se pode transformar en combustible para automóbiles.
Enerxía hidráulica: é a que emprega a forza da auga para xerar enerxía eléctrica.
Por exemplo, unha catarata (natural) ou unha presa (artificial).
Non renovables
Son fontes de enerxía que proveñen de recursos naturais que se poden esgotar no noso planeta xa que os seus depósitos son limitados.
Hai dous tipos principais de fontes de enerxía non renovables:
Combustibles fósiles:
— Carbón
É unha rocha de cor negro que produce enerxía cando se queima.
Emprégase nas centrais térmicas para producir electricidade ou para a calefacción nas vivendas.
— Petróleo
É unha rocha líquida de cor negra que se forma a partir de seres vivos que se acumularon no fondo de mares e lagoas
Emprégase para obter combustibles para os transportes ou calefaccións e tamén como materia prima para fabricar plásticos ou pinturas.
— Gas natural
É unha mestura de gases que se pode queimar para producir enerxía. Pódese usar para as calefaccións ou para obter auga quente.
Atópase en depósitos subterráneos, nalgúns casos asociado ao petróleo.
Combustibles nucleares:
— Uranio e plutonio
Son substancias de orixe mineral que se utilizan nas centrais nucleares, onde a súa enerxía nuclear se transforma en enerxía eléctrica.
Lectura facilitada
Tipos de fontes de enerxía:
Renovables:
— Non se esgotan.
— Son moi abundantes.
— Debemos facer bo uso deles para que se poidan rexenerar.
Pódense clasificar en 6 grupos:
1. Enerxía solar: emprega a enerxía do sol para producir electricidade.
2. Enerxía do mar: emprega a forza do mar para producir electricidade.
3. Enerxía eólica: emprega a forza do vento para producir electricidade.
4. Enerxía xeotérmica: emprega a forza do interior da Terra para producir electricidade.
5. Enerxía da biomasa: emprega restos dos seres vivos para producir electricidade.
6. Enerxía hidráulica: emprega a forza da auga para producir electricidade.
Non renovables:
— Son limitadas.
— Pódense esgotar.
Hai dous tipos:
1. Combustibles fósiles: o carbón, o petróleo e o gas natural.
2. Combustibles nucleares: uranio e plutonio.
Audio
Que aprendiches?
2
Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan.
1. Dividimos a clase en dous grupos, de forma aleatoria. 2. Un grupo defende o uso das enerxías renovables e o outro defende o uso das enerxías non renovables. 3. Buscamos información. 4. Seleccionamos e organizamos a información:
Vantaxes e desvantaxes.
Como afectan ás nosas vidas.
5. Expoñemos as nosas opinións por quendas, escoitando aos demais participantes e defendendo as nosas ideas, con razoamentos e datos obtidos nas investigacións feitas con anterioridade.