Saltar navegación

2.1. Xogamos xuntos

Formamos equipos

Ilustración que representa un grupo de traballoUn bo científico ou unha boa científica nunca traballa sen axuda, precisan contar cun equipo grande. Empregade as tarxetas de enerxías renovables en formato PDF (nova xanela) para facer equipos de catro estudantes. Documento coas tarxetas en versión editable.

Como veredes, cada tarxeta leva escrito o nome dunha fonte de enerxía renovable acompañada dunha imaxe. Alguén ten que encargarse de repartir as tarxetas a todo o alumnado. Despois, buscade ás persoas que teñan as mesmas tarxetas e formade un grupo. Non esquezades inventar un nome científico para o voso equipo. 

Lectura facilitada

Un bo científico ou unha boa científica traballa mellor en equipo.

As tarxetas de enerxías renovables servirán para facer equipos de catro persoas. 

Cada tarxeta leva escrito o nome dunha fonte de enerxía renovable cunha imaxe.

Unha persoa repartirá as tarxetas a todo o alumnado.

Mira a imaxe da tarxeta que tes

e busca a outras nenas e outros nenos coa mesma imaxe na tarxeta,

ese será o teu equipo de traballo.

Entre todas e todos tedes que poñer un nome ao equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)