Saltar navegación

Sabes as certas? Coidado, pode haber varias

Pasemos á acción

Pregunta

1. Selecciona dous tipos de distintivos oficias de eficiencia enerxética.

Respostas

Logotipo  Energy Star



Energy Star

Logo etiqueta  A


Etiqueta A

Logo Reciclaxe


Reciclado

Logo denominación de orixe


Denominación de orixe

Retroalimentación

Pregunta

2. Cal das seguintes estratexias pode axudar a acadar unha desconexión dixital?

Respostas

Usar as aplicacións do móbil para controlar o tempo de conexión e establecer límites.

Levar o móbil sempre no peto para responder rapidamente a calquera notificación.

Dedicar tempo a actividades alternativas, como practicar deporte ou ler un libro en formato físico.

Ler con frecuencia as noticias en Internet para estar ao día de todo.

Detectar cambios nos hábitos doutras persoas, como a falta de sono debido ao uso excesivo de dispositivos dixitais.

Retroalimentación

Pregunta

4. Por que é importante considerar criticamente as políticas de privacidade dos servizos dixitais?

Respostas

Para garantir a transparencia no uso dos teus datos persoais.

Para entender os teus dereitos e opcións en relación á túa privacidade.

Para compartir libremente os teus datos persoais coa empresa.

Para aceptar automaticamente todas as actualizacións das políticas de privacidade.

Retroalimentación

Pregunta

5. Cales das seguintes copias de seguridade son as máis comúns.

Respostas

Completa

Baleira

En espello

Diferencial

Numérica

Incremental

En proceso

En respaldo

Retroalimentación

Pregunta

6. Que medidas poden axudar a previr o roubo de datos persoais?

Respostas

Utilizar unha conexión segura (por exemplo, HTTPS) ao enviar información sensible a través de Internet.

Non compartir información persoal en redes sociais.

Responder a correos electrónicos solicitando información persoal sen verificar a autenticidade da solicitude.

Utilizar software de seguridade actualizado e firewalls nos dispositivos electrónicos.

Facilitar información persoal a sitios web que non teñen unha política de privacidade clara.

Retroalimentación

Pregunta

7. Como podes localizar información en liña sobre ti mesmo ou mesma para controlar a túa presenza en Internet e protexer a túa privacidade?

Respostas

Buscar regularmente o teu nome en distintos motores de busca.

Comprobar e axustar as opcións de privacidade e seguridade nas túas redes sociais e servizos en liña.

Controlar as túas contas bancarias e de tarxetas de crédito para detectar actividades sospeitosas.

Consultar o contido da carpeta de spam no correo electrónico.

Retroalimentación

Pregunta

8. Que dereitos concede a normativa relativa a protección de datos e dereitos dixitais?

Respostas

Dereito a limitar a finalidade do tratamento dos teus datos persoais.

Dereito a vender os teus datos a unha empresa prestadora de servizos dixitais.

Dereito a rectificar os teus datos persoais cando sexan inexactos, incompletos ou desactualizados.

Dereito de oposición ao tratamento dos datos persoais.

Retroalimentación

Pregunta

9. Cales dos seguintes aspectos hai que ter en conta para que unha app de saúde sexa fiable?

Respostas

Boas referencias

Unha imaxe atractiva

Moitas descargas

Moita publicidade

Identificar a quen vai dirixida e os obxectivos

Retroalimentación

Pregunta

10. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

Respostas

O malestar provocado pola sensación de perderse algo que está a suceder nas redes socias chámase vibranxiety.

O feito de ignorar a alguén que está contigo por estar pendente do móbil chámase phubbing.

Os xogos freemium son os que se descargan de maneira gratuíta pero piden algún pago para poder avanzar neles.

O efecto Google tamén se coñece como amnesia dixital.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)