Saltar navegación

4.1.5. Respaldo de datos

Respaldo de datos

Respaldo de datos

Contar cun bo respaldo de datos é unha habilidade fundamental no mundo dixital actual.

Neste punto, exploraremos a importancia das copias de seguridade dos datos e as mellores prácticas para protexer a túa información dixital.

Unha copia de seguridade é un proceso mediante o cal se duplica a información existente dun soporte a outro, co fin de poder recuperalos en caso de fallo do primeiro aloxamento dos datos.

No caso que nos ocupa, imos pensar nas copias de seguridade como un mecanismo que nos permitirá recuperar os nosos datos ante un posible ataque ou desastre no que se vexan implicados e danados estes.

Importancia das copias de seguridade

O máis probable é que manexemos información importante e confidencial.

A perda desta información supoñería a perda de horas de traballo, posibles recordos e datos importantes. Tamén temos que ter en conta que, os soportes onde recollemos esa información non teñen unha vida ilimitada (avarías, desgastes...), e están suxeitos a diversos riscos e/ou ameazas (accidentes, ataques...).

Por estes motivos, temos que implementar medidas para protexer a nosa información e unha maneira é a través das copias de seguridade.

Aquí destacamos por que ditas copias de datos son cruciais:

  • Protección contra perdas: grazas a aquelas garántese que, no caso dunha perda de datos, poidas recuperar a información importante.
  • Preparación para emerxencias: ante desastres naturais, fallos técnicos ou roubos, asegura a continuidade dos teus datos.
  • Prevención de ciberataques: reduces o risco de perdelos ante ataques de virus, ransomware ou outro tipo de malware.

Algúns consellos que debes ter en conta...

Aquí presentamos algunhas prácticas recomendadas para realizar copias de seguridade dos datos de maneira efectiva e segura.

Identificación de datos críticos

Identifica que información é esencial e merece ser copiada, como documentos importantes, fotografías, vídeos e arquivos persoais.

Que deberemos incluír nunha copia de seguridade? A priori a resposta inmediata é fácil: TODO. Pero sería isto recomendable?

Imos ir por partes:

  • Sistema operativo:  tecnicamente poderíase facer unha copia de seguridade, aínda que normalmente non varía moito (teriamos a instalación do SO e os parches de seguridade e actualizacións), ocuparía bastante espazo de almacenamento e, o máis importante, a recuperación deste sería moi sinxela. Aínda que dispoñamos de dita copia de seguridade, bastaría con volver a reinstalar o sistema operativo.
  • Aplicacións: un caso parecido ao sistema operativo, de feito moitas utilidades de xestión de copias de seguridade non gardan a totalidade dos datos das aplicacións, senón que gardan unha lista das aplicacións instaladas para que, en caso de recuperación, proceder á súa instalación desde cero.
  • Datos propios ou persoais:  aquí non debería haber dúbida, este é o noso valor importante e sería moi difícil ou incluso imposible recuperalos se non dispoñemos da copia de seguridade. Deberiamos ter unha copia se seguridade sempre. Todo isto independente da lexislación vixente, que nos pode obrigar a ter unha política de copias de seguridade en función do carácter dos datos almacenados.

Combinación de procedementos (tipos de copias)

Entre os tipos de copias de seguridade máis comúns podemos atopar:

  • Copia de seguridade en espello ou RAID 1. Crea unha copia exacta dos datos en tempo real, é dicir, a información está sempre duplicada exactamente.
    • Vantaxes:
      • A copia faise en tempo real.
      • A recuperación dos datos é un proceso moi áxil e sinxelo.
      • Non se almacenan ficheiros antigos ou en desuso.
    • Desvantaxes:
      • Posible perda de ficheiros se borramos un arquivo accidentalmente, xa que tamén o estaremos borrando da copia de seguridade.
  • Copia de seguridade completa. Posiblemente é a máis utilizada. Consiste en facer unha copia de todos os datos noutro soporte.
    • Vantaxes:
      • A recuperación dos datos é un proceso moi áxil e sinxelo.
    • Desvantaxes:
      • Ocupan moito espazo con respecto a outros tipos de copias.
      • Maior tempo de proceso da copia.
  • Copia de seguridade diferencial.  Require unha copia de seguridade completa previa. Cada vez que se lance fará unha copia de todos os ficheiros que se modificaron dende a última copia de seguridade completa.
    • Vantaxes:
      • Non requiren tanto espazo de almacenamento como unha copia completa.
      • En caso de recuperación, só necesitaremos dúas copias de respaldo: a última copia diferencial realizada e a última copia completa realizada.
    • Desvantaxes:
      • Se a cantidade de cambios nos ficheiros é grande ou o tempo entre copia e copia é longo, o tamaño das copias diferenciais pode ser moi grande, chegando incluso a igualarse co da copia de seguridade completa.
  • Copia de seguridade incremental. Só se copian os datos que variaron desde a última copia de respaldo realizada, xa fora incremental, diferencial ou completa. Con este método non se almacenan todos os ficheiros, senón só aqueles modificados desde a anterior copia.
    • Vantaxes:
      • Espazo necesario moito menor que noutros tipos.
      • Menor tempo de realización das copias de seguridade.
    • Desvantaxes:
      • En caso de recuperación o proceso é mais complexo e lento: teriamos que recuperar dende a copia de seguridade completa e restaurar todas e cada unha das copias de seguridade incrementais feitas.

Considera utilizar unha combinación de copias de seguridade locais e na nube para maior seguridade e accesibilidade.

Frecuencia

Establece rutinas regulares para realizar copias de seguridade, xa sexa diaria, semanal ou mensualmente, segundo a importancia e frecuencia de actualización dos teus datos.

Almacenamento seguro

Asegúrate de que as túas copias de seguranza estean almacenadas en lugares seguros, protexidas contra accesos non autorizados e desastres físicos.

Para almacenar unha copia de seguridade temos infinidade de solucións, a que escollamos dependerá de varios factores: tamaño da copia, custo do espazo de almacenamento, cantidade de copias a realizar, política de copias de seguridade... Entre os soportes que poderemos empregar están os discos duros fixos, discos duros extraíbles, unidades USB, dispositivos ópticos, dispositivos de cinta magnética ou incluso na nube.

Independentemente do soporte que utilicemos, unha boa práctica e adoptar a chamada estratexia 3-2-1 que consiste en diversificar as copias de seguridade para garantir que sempre haxa algunha recuperable.

  • 3 → Manter 3 copias de calquera ficheiro importante: o ficheiro orixinal e 2 backups.
  • 2 → Almacenar as copias en 2 soportes distintos de almacenamento para protexelas ante distintos riscos. Se tiveramos as dúas copias no mesmo tipo de soporte, ambos poden verse afectados polo mesmo fallo de funcionamento e por tanto pór en perigo as dúas copias ao mesmo tempo.
  •  1 → Almacenar 1 copia de seguridade nun sitio distinto a onde están aloxados os datos ou as outras copias de seguridade. Eficaz ante desastres como incendios e outros.

Recordade facer un borrado seguro en caso de reutilización dun soporte usado previamente como copia de seguridade, e incluso asegurarse da destrución segura en caso de non volver a utilizalo.

Cifraxe de copias de seguridade

Para garantir a confidencialidade e integridade da información sensible cando está almacenada, utilizaremos ferramentas de cifraxe que protexan os nosos datos, facéndoos ilexibles por aqueles que non dispoñan da autorización. Cifrando a información confidencial e a almacenada en copias de seguridade protexemos os datos en caso de roubo de información ou accesos non autorizados, reducimos o risco de sancións e podería evitar que teñamos que informar ás persoas usuarias en caso de fenda de seguridade.  Ademais, cumprirase co deber de salvagarda que esixe o Regulamento xeral de protección de datos.

Se utilizamos unha rede de datos para realizar as copias de seguridade, é importante que tamén circulen cifrados para protexelos ante calquera intruso.

Verificación e mantemento

Realiza comprobacións periódicas das túas copias de seguridade para garantir a súa integridade e actualiza as túas estratexias segundo sexa necesario.

Fontes

Completa con coherencia

Le o parágrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan.

  • Realizar unha copia exacta dos datos en tempo real coñécese como copia de seguridade en ou .
  • Cando se realizan copias de seguridade de tódolos datos noutro soporte, estamos a falar de copias de seguridade .
  • As copias de seguridade requiren unha copia completa previa e comprende unha copia de tódolos ficheiros que se modificaron dende a ultima copia realizada.
  • Se o proceso é copiar tódolos datos que variaron dende a derradeira copia realizada, estamos a falar de copias de seguridade .
  • A maior seguridade sempre a teremos cando se empregue unha das copias de seguridade.

Activar JavaScript

Ferramentas e recursos útiles

Time Machine (para macOS): é unha ferramenta integrada nos sistemas operativos macOS que permite facer copias de seguridade automáticas do teu Mac. Podes programar copias de seguranza regulares e restaurar os teus datos facilmente en caso de perda ou dano.

Mac            

Backup and Restore (para Windows): esta ferramenta integrada en sistemas operativos Windows permite crear copias de seguridade dos teus ficheiros e configuracións do sistema. Podes crear copias programadas ou manuais e restaurar os teus datos en caso de necesidade.

Windows

Servizos na nube (Google Drive, Dropbox, iCloud): os servizos na nube ofrecen unha forma conveniente de facer copias de seguranza dos teus datos en servidores remotos. Google Drive, Dropbox e iCloud permiten almacenar documentos, fotos, vídeos e outros ficheiros na nube e acceder a eles dende calquera dispositivo con conexión a Internet.

Google drive Dropbox Icloud

Guías en liña sobre copias de seguridade: moitas fontes en liña ofrecen guías paso a paso sobre como facer copias de seguridade dos teus datos, empregando diferentes métodos e ferramentas.

Podes atopar guías en sitios web de tecnoloxía, foros de axuda e blogs especializados.

Titoriais en vídeo: os titoriais en vídeo son outra excelente forma de aprender sobre copias de seguridade dos datos. Podes atopar vídeos en plataformas como YouTube, que che amosarán como utilizar diversas ferramentas e servizos, para facer copias de seguridade dos teus datos.

Desafío de verdade e mentira. Pon a proba o teu coñecemento!

Pregunta

Cando falamos de copias de seguridade que ocupan espazo considerable e no que a súa recuperación é sinxela, referímonos a:

Respostas

Aplicacións

Sistemas operativos

Datos propios ou persoais

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a copia de seguridade que require unha copia completa previa?

Respostas

Diferencial

Incremental

Espello

Retroalimentación

Pregunta

Unha boa frecuencia para realizar copias de seguridade sería:

Respostas

Semanalmente

Mensualmente

Depende da actualización dos datos almacenados.

Retroalimentación

Pregunta

A estratexia que consiste en diversificar as copias de seguridade para garantir que sempre haxa algunha recuperable, coñécese como:

Respostas

3-2-1

7-6-5

1-2-3

Retroalimentación

Pregunta

A ferramenta destinada a realizar copias de seguridade nos sistemas operativos macOs coñécese como:

Respostas

Backup and Restore

Android

Time Machine

Retroalimentación

Pregunta

A capacidade de almacenamento básico en Google Drive é de:

Respostas

25 GB

15 GB

5GB

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)