Energy Star é un programa internacional da Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos (EPA). Este programa, creado en 1992, ten como obxectivo principal fomentar os aparellos eléctricos e electrónicos que teñan unha alta eficiencia enerxética para reducir as emisións de CO₂ á atmosfera e ser máis sostibles co planeta.
Se atopamos esta etiqueta nalgún equipo informático quere dicir que, a parte de ser eficiente enerxeticamente, cumpre as normas de consumo responsable esixidas por Energy Star.

O programa Energy Star permite ás persoas usuarias e ás empresas seleccionar os aparellos eléctricos e electrónicos que consumen menos enerxía, o cal beneficia ao planeta e tamén nos beneficia economicamente. Co simple feito de ter esta etiqueta xa sabemos que cumpre uns estándares mínimos de calidade.
Para dar aínda máis confianza a consumidores e empresas, a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos (EPA) esixe ás empresas fabricantes someter aos produtos etiquetados a numerosas probas de calidade. Son moitas as empresas fabricantes que non dubidan en modificar o deseño e prestacións dos seus produtos para cumprir coas esixencias da EPA.
Este programa non fai outra cousa que promover os modelos eficientes de produción e consumo de aparellos eléctricos e electrónicos a nivel mundial, o cal beneficia considerablemente ao planeta.
Este certificado, ademais, permitiralle:
- Aforrar: os equipos co certificado Energy star consumen menos auga e poden aforrar ata o 30% de enerxía.
- Prolongar a vida útil: maior duración por menor consumo de recursos e maior eficiencia. Ademais, os equipos, mentres non están a ser utilizados, poden lograr un estado de repouso.
- Mesmo resultado: estes equipos teñen resultados moi similares ou mesmo superiores aos equipos tradicionais.
- Amigables co medio ambiente: grazas a que emanan menos gases contaminantes, o impacto ambiental é o 70% menor.
Esta certificación utilízase nos seguintes produtos: iluminación, equipamento de oficina etc.
Outro dos elementos clave é lograr un consumo óptimo dos electrodomésticos, favorecendo a compra de aparatos con etiqueta A+, A++, A+++. Por exemplo, una simple lámpada de baixo consumo, aínda que é certo que pode chegar a custar dúas veces o que una lámpada normal, a súa vida útil pode triplicarse o que, a longo prazo, supón un considerable aforro en tódolos sentidos. Tamén o optar por lavalouzas, fornos ou microondas eficientes. No caso do aire acondicionado, cuxo consumo soe ser elevado, os ventiladores de teito poden cumprir a mesma función, recortando de maneira significativa o consumo eléctrico.
