Saltar navegación

Elección novo dispositivo

Pictograma de Arasaac

Como elixir un dispositivo que sexa ecolóxico e ético?

Á hora de elixir un dispositivo as persoas consumidoras non sempre saben por cal decidirse.

Que criterios nos axudarán a tomar a mellor decisión? 

Todo depende das necesidades de cada persoa. Pero hai un criterio que non adoita terse en conta e, con todo, deberiamos incluír nas nosas prioridades para unha industria tan contaminante: o impacto ambiental do dispositivo e a responsabilidade social da marca.

Entre as dubidosas condicións de traballo, o esgotamento dos recursos e a liberación de materiais tóxicos á natureza, a fabricación de dispositivos non só fai dano ao peto, senón tamén ao planeta. É verdade que as persoas consumidoras están cada vez máis preocupadas polo impacto ambiental dos produtos high tech, pero ás veces é difícil obter información clara e fiable sobre as medidas que adoptan as marcas a este respecto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)