Saltar navegación

4.4.1 Impacto ambiental das tecnoloxías e do seu uso

 

Impacto ambiental

Impacto ambiental

O impacto ambiental é a alteración do medio ambiente, provocada directa ou indirectamente por unha actividade nunha área determinada. É dicir, en termos simples o impacto ambiental é a modificación do ambiente ocasionada pola acción do ser humano ou da natureza.

Algúns dos impactos ambientais máis frecuentes son:

  • Contaminación do aire.
  • Contaminación das augas (mares, ríos, augas subterráneas).
  • Contaminación do chan.
  • Xeración de residuos.
  • Contaminación acústica.
  • Contaminación dixital.
  • Empobrecemento dos ecosistemas e perda de biodiversidade.

Tipos de Impacto ambiental

O aproveitamento dos recursos naturais

Renovables, tales como o aproveitamento forestal ou a pesca; ou non renovables, tales como a extracción do petróleo ou do carbón.

Contaminación

Todos os proxectos que producen algún residuo (perigoso ou non) emiten gases á atmosfera ou verten líquidos ao ambiente.

Ocupación do territorio

Os proxectos que ao ocupar un territorio modifican as condicións naturais por accións tales como desmonte, compactación do chan e outras.

Causas do impacto ambiental

  • Actividade industrial.
  • Actividade mineira.
  • A extracción de materias primas.
  • Os altos índices de produción de refugallos.
  • O tratamento de residuos químicos e refugallos en xeral.
  • A falta de planificación urbana.
  • O uso desmedido de recursos naturais.

Completa o que falta

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

O é a alteración do  provocada directa ou indirectamente por unha actividade nunha área determinada. É dicir, en termos simples o impacto ambiental é a do ambiente ocasionada pola acción do ou da

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)