Control da privacidade e pegada dixital
Control da privacidade
Configurar a privacidade predeterminada dos servizos en liña é un paso importante para mellorar a protección da nosa privacidade. A continuación expoñemos algúns consellos sobre como facelo.
Axustes de privacidade nas redes sociais e servizos en liña
-
Revisar os axustes de privacidade: en moitas redes sociais e servizos en liña podemos configurar a privacidade para controlar, entre outras preferencias, quen pode ver as nosas publicacións, quen pode enviarnos solicitudes de amizade ou seguirnos.
-
Limitar a información pública: debemos asegurarnos de revisar e limitar a información que amosamos publicamente no noso perfil. Por exemplo, podes optar por non mostrar o número de teléfono, o enderezo ou a localización exacta.
-
Utiliza listas de amigos e amigas ou grupos: en distintas plataformas sociais podemos crear listas de amigos e amigas ou grupos para compartir publicacións cunha audiencia específica, o que nos permitirá máis control sobre quen pode acceder á nosa información.
Configuracións do navegador web
-
Bloqueadores de anuncios e rastrexadores: utilizar bloqueadores de anuncios e rastrexadores no navegador para evitar que os sitios web recompilen información sobre as actividades en liña para fins publicitarios.
-
Borrar cookies regularmente: configurar o navegador para que borre as cookies e os datos de navegación regularmente ou facer unha limpeza manual de vez en cando para eliminar información almacenada que poida comprometer a nosa privacidade, e incluso usar o modo incógnito do navegador se as circunstancias o aconsellan.
Servizos de correo electrónico
-
Encriptación de correos electrónicos: utilizar servizos de correo electrónico que ofrecen cifrado de extremo a extremo para protexer a confidencialidade dos correos electrónicos. Isto non está tan estendido debido a que tamén se necesita unha configuración previa por parte das persoas usuarias.
-
Evita compartir información sensible: evita enviar información sensible por correo electrónico, especialmente sen cifrar. Se é necesario, utiliza métodos de transferencia segura de ficheiros ou servizos de almacenamento en nube cifrados.
Redes privadas virtuais (VPN)
-
Utiliza unha VPN: unha VPN crea unha conexión de rede privada entre dispositivos a través de Internet. Considera o uso dunha VPN para cifrar a túa conexión a Internet e protexer a túa privacidade en liña. Unha VPN oculta a túa dirección IP e pode encriptar os datos, dificultando que terceiros rastrexen as nosas actividades en liña.
A pegada dixital

A pegada dixital, tamén coñecida como rastro dixital, refírese á información que deixamos en liña como resultado das nosas actividades en Internet. Esta información pode incluír, entre outros, datos persoais, historial de navegación, interaccións en redes sociais ou compras en liña. Controlar a pegada dixital é importante para protexer a nosa privacidade e seguridade en liña. Enumeramos algúns consellos sobre como facelo:
1. Revisar e axustar a configuración de privacidade
-
Redes sociais: axustar a configuración de privacidade nas túas redes sociais para controlar quen pode ver as publicacións, quen pode seguirnos e que información está dispoñible publicamente.
-
Servizos en liña: revisa as opcións de configuración de privacidade noutros servizos en liña que utilicemos e axustalas de acordo ás nosas preferencias.
2. Minimizar a información compartida
-
Selección de datos: temos que ser selectivos sobre a información que proporcionamos en liña. Non deberiamos compartir información persoal sensible, como números de tarxeta de crédito ou información de identificación persoal, a menos que sexa absolutamente necesario.
-
Redes sociais: debemos evitar compartir información delicada ou privada en redes sociais. Moito coidado con compartir información como a localización exacta, plans de viaxe, ausencias prolongadas ou detalles persoais.
3. Utilizar ferramentas de control de privacidade
-
Bloqueadores de anuncios e rastrexadores: utiliza bloqueadores de anuncios e rastrexadores no navegador para evitar que os sitios web recompilen información sobre as nosas actividades en liña con fins publicitarios.
-
VPN (Rede Privada Virtual): podemos empregar unha VPN para cifrar a conexión a Internet e ocultar a nosa localización. Iso dificultará que os sitios web e os anunciantes rastrexen a nosa actividade en liña.
4. Revisar regularmente a túa pegada dixital
-
Historial de navegación: regularmente revisa e borra o teu historial de navegación, cookies e caché do navegador para eliminar información almacenada que poida comprometer a túa privacidade.
-
Contas en liña: periodicamente revisa e actualiza a seguridade das túas contas en liña. Cambia os contrasinais regularmente e emprega autenticación de dous factores cando sexa posible.
5. Educar e sensibilizar
-
Conciencia sobre seguridade en liña: edúcate a ti e ás demais persoas sobre as prácticas seguras en liña e a importancia de protexer a privacidade en Internet.
-
Comparte coñecemento: comparte información e recursos sobre privacidade en liña con amigos e amigas, familiares e colegas para axudar a protexernos a todas as persoas.