Medidas de prevención e desconexión dixital

Para evitar unha adicción e poder gozar do uso das novas tecnoloxías dun xeito adecuado, podemos adoptar unha serie de estratexias, por exemplo:
- Determinar un tempo de uso dos dispositivos electrónicos e activar notificacións que nos avisen se o estamos superando. Así seremos conscientes do tempo que dedicamos a eles.
- Planificar o que queremos facer en Internet antes de conectarnos reducirá o tempo de uso e o uso que faremos será máis efectivo.
- Se temos que utilizar Internet para estudar unha boa idea é desconectar ou silenciar as redes sociais para non distraernos.
- Dedicar tempo a outras actividades de lecer alternativas: a música, a lectura, o deporte...
- Incrementar o tempo que pasamos con outras persoas de xeito presencial, algo moi importante para desenvolver habilidades sociais.
- Aprender a detectar cambios significativos no noso estilo de vida e no das persoas que nos rodean, para saber se hai actividades que antes se facían e agora non por estar máis tempo conectado ou conectada.