Saltar navegación

Contaminación dixital

Tubería vertendo código binario

A contaminación dixital refírese á emisión de CO₂ resultante dos procesos necesarios para crear e manter o mundo dixitalizado no que vivimos. Para Jon Koomey, experto no impacto ambiental tecnolóxico, os elementos máis importantes a medir son os que denomina “the big three”:

  • a fabricación do equipo que usamos para acceder a Internet, como ordenadores, tabletas, portátiles, routers;
  • os centros de datos, que almacenan e aloxan as páxinas web;
  • e as redes de acceso, o cableado e as antenas que transportan os datos.

Existen dous tipos de polución dixital:

— A relacionada con centros de datos e infraestruturas de rede.

— A relacionada cos equipos de consumo.

Nunha época na que as tendencias van e veñen cada vez máis rápido pode ser difícil, pero o primeiro paso é concienciarse. Asumir a responsabilidade que todas as persoas temos como consumidoras e tomar acción para mellorar a nosa pegada ambiental. E o máis importante é reducir o noso consumo de tecnoloxía.

Non cambiar o móbil cada poucos meses, non comprar uns cascos novos tendo xa outros, non caer nas trampas das marcas, como cambios de cor, para comprar algo novo. Se reducimos o número de aparellos tecnolóxicos que compramos reducimos tanto a súa contaminación como os seus residuos.

E, no caso de que realmente se necesite realizar esta compra, optar por compañías tecnolóxicas que se preocupan polo seu impacto ambiental e que sexan o máis ecolóxicas posibles. A organización ecoloxista Greenpeace, por exemplo, elabora unha lista coas empresas tecnolóxicas máis respectuosas co medio ambiente.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)