Saltar navegación

Desafío de verdade e mentira

Pon a proba o teu coñecemento!

Indica se as seguintes frases sobre a Seguridade e privacidade son verdadeiras ou falsas.

Pregunta 1

As normativas e o cumprimento dos regulamentos non son relevantes na protección dos dispositivos.

Pregunta 2

O reinicio do sistema non é necesario unha vez que se instala unha nova actualización do sistema operativo.

Pregunta 3

O filtrado dos enderezos MAC é unha función ofrecida polo protocolo WPA2.

Pregunta 4

Os dispositivos iPhone empregan o sistema operativo iOS que desenvolve a empresa estadounidense Google.

Pregunta 5

Ter sempre o firewall da rede activado mellora a seguridade desta.

Pregunta 6

Planificar o que queremos facer en Internet antes de conectarnos reducirá o tempo de uso e o uso que faremos será máis efectivo.

Pregunta 7

Para poder evitar a interceptación da información entre dúas persoas usuarias é necesario realizar o cifrado da rede.

Pregunta 8

Educar sobre prácticas seguras en Internet non é importante para evitar o ciberacoso.

Pregunta 9

Os nosos perfís das redes sociais deberían estar configurados do xeito máis privado posible para ser máis seguros.

Pregunta 10

O almacenamento de datos na “nube” ten un impacto ambiental polo alto consumo de enerxía e auga dos centros de datos. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)