Saltar navegación

4.2. Protexer os datos persoais e a privacidade

COMPETENCIA 4.2: Protexer os datos persoais e a privacidade

A cidadanía, e en concreto o alumnado, deberá de ser capaces de comprender a importancia da protección dos seus datos persoais e a privacidade nun contorno dixital. Isto inclúe, entre outras cousas, o coñecemento e aplicación de medidas de seguridade e privacidade para protexer a súa información persoal e sensible de posibles ameazas e violacións da privacidade.

Anuncios, cookies e buscadores

Obxectivos

Ao finalizar este bloque conseguirás:

  • Ser consciente da importancia dos datos persoais.

  • Ser capaz de seleccionar formas de protexer os teus datos persoais e a túa privacidade nun contorno dixital.

  • Comprender os conceptos principais nas políticas de privacidade dos servizos dixitais que informan de como se usan os datos persoais.

  • Identificar problemas de privacidade, detectar de que forma se recollen e usan os teus datos e ser capaz de asegurar e protexer os teus dereitos e a túa privacidade.

  • Detectar puntos críticos sobre as políticas de privacidade dos servizos dixitais e actuar de forma crítica para exercer os teus dereitos.

  • Axustar as configuracións de privacidade en diferentes plataformas e aplicacións para controlar quen pode acceder á túa información persoal e como esta pode ser usada.

  • Realizar transaccións electrónicas simples de forma segura protexendo a túa identidade e os teus datos.

  • Actuar de forma responsable e crítica sobre os asuntos públicos ou privados nun contorno dixital.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)